Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 5 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións de reintegro de subvencións á promoción do emprego, reguladas na Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011, relativas aos programas TR348A e TR348B.

En uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), intentada a notificación das resolucións administrativas no último domicilio coñecido das persoas interesadas sen que esta se puidese practicar, notifícanse as persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Pontevedra, rúa Concepción Arenal, 8, 2º, Vigo (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres) para ter coñecemento do contido daquelas, e advírteselles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, esgotada a vía administrativa nos procedementos que se relacionan no dito anexo, fáiselles saber o dereito que as asiste para interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 5 de agosto de 2016

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

1. Nº de expediente de reintegro: reintg. 2016/13.

Nº de expediente en xestión: TR348A 2011/393-5.

Nome: Arteta 2002, S.L.

CIF/NIF: B36901858.

Último enderezo coñecido: Manuel Nuñez, 2, 5º, oficina 1, 36203 Vigo.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base 7.2 anexo A da mencionada Orde reguladora do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 29.6.2016.

2. Nº de expediente de reintegro: reintg. 2016/14.

Nº de expediente en xestión: TR348A 2011/409-5.

Nome: Jaime Power, S.L.

CIF/NIF: B27756477.

Último enderezo coñecido: Cytem Apartado 792, 36200 Vigo.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base 7.2 anexo A da mencionada Orde reguladora do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 21.4.2016.

3. Nº de expediente de reintegro: reintg. 2016/19.

Nº de expediente en xestión: TR348B 2011/000021-5.

Nome: Olívica de Reparacións, S.L.

CIF/NIF: B27724236.

Último enderezo coñecido: r/ Sanjurjo Badía, 105, 36207 Vigo.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base 7.1, anexo B, da mencionada Orde reguladora do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 21.4.2016.

4. Nº de expediente de reintegro: reintg. 2016/20.

Nº de expediente en xestión: TR348B 2011/000034-5.

Nome: Olívica de Reparacións, S.L.

CIF/NIF: B27724236.

Último enderezo coñecido: r/ Sanjurjo Badía, 105, 36201 Vigo.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base 7.1, anexo B, da mencionada Orde reguladora do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 21.4.2016.

5. Nº de expediente de reintegro: reintg. 2016/27.

Nº de expediente en xestión: TR348B 2011/000077-5.

Nome: Servicios Hosteleros O Pinal, S.L.

CIF/NIF: B36927424.

Último enderezo coñecido: lg. Barxa de Abaixo, 7, 36312 Vigo.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base 7.1, anexo B, da mencionada Orde reguladora do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 29.6.2016.

6. Nº de expediente de reintegro: reintg. 2016/28.

Nº de expediente en xestión: TR348B 2011/000079-5.

Nome: Integral Gallega de Servicios y Maquinaria, S.L.

CIF/NIF: B36988004.

Último enderezo coñecido: avda. Ricardo Mella, 119, 36330 Vigo.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base 7.1, anexo B, da mencionada Orde reguladora do 21 de marzo de 2011.

Contido da resolución: resolución do procedemento de reintegro.

Data da resolución: 29.6.2016.

7. Nº de expediente de reintegro: reintg. 2016/64.

Nº de expediente en xestión: TR348B 2011/000677-5.

Nome: Prigal Moda, S.L.

CIF/NIF: B27742097.

Último enderezo coñecido: avda. Castelao, 45, port. 2, 3º C, 36209 Vigo.

Norma reguladora: Orde do 21 de marzo de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación das persoas traballadoras, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Feito imputado: non manter as persoas traballadoras subvencionadas por un período mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: incumprimento da base 7.1 e base 7.2, anexo B, da mencionada Orde reguladora do 21 de marzo de 2011.