Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 19 de agosto de 2016 Páx. 37119

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 8 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de requirimento de documentación do expediente IN 407A 2010/120 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puideron practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior, e despois de tentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e, en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, son informados os interesados de que os expedientes se atopan á súa disposición, para coñeceren o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña; Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 8 de agosto de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 407A 2010/120.

Interesada: Hermanos Pena Barceló, S.L.

CIF: B15710098.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Santiago de Compostela.

Expediente: IN 407A 2010/231.

Interesada: Comercial Xovián, S.L.

CIF: B15641269.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: Narón.

Expediente: IN 614C 2009/1282-1.

Interesado: C.P. Avda. Novo Mesoiro, 4, 6, 8, 10.

CIF: H70010673.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: A Coruña.

Expediente: IN 614C 2009-1281-1.

Interesado: C.P. Avda. Novo Mesoiro, 14, 16, 18, 22.

CIF: H15967664.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Concello: A Coruña.