Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37354

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 12 de agosto de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación da obra de adaptación para centro de saúde e unidade de saúde mental no anexo II do Hospital Xeral de Vigo, cofinanciado nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, OE 9.7.1 (expediente AB-SER3-16-026).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: contratación da obra de adaptación para centro de saúde e unidade de saúde mental no anexo II do Hospital Xeral de Vigo, cofinanciado nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, OE 9.7.1.

3. Nº de expediente: AB-SER3-16-026.

4. Clasificación CPA: 41.00.40.

5. Clasificación CPV: 45262700-8.

6. Valor estimado: 771.810,09 €.

7. Orzamento total sen IVE: 771.810,09 €.

8. Orzamento total con IVE: 933.890,21 €.

9. Prazo de execución: tres (3) meses.

10. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: grupo C, subgrupo 2, categoría 3.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: ver as cláusulas 13.II.a) e 13.II.b) da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

c) Compromiso de medios persoais: ver a cláusula 13.III da folla de especificacións do PCAP.

11. Garantía provisional: non se exixe.

12. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

13. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

14. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).

15. Acceso aos pregos e ao proxecto: poderase obter o PCAP e o proxecto desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/.

16. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o vixésimo sexto (26º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte.

17. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase PCAP desta licitación.

18. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 10 da folla de especificacións e no punto 4.5 do PCAP desta licitación.

19. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/.

20. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2016

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos