1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.
2. Obxecto: contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución e da dirección de obra de construción do Centro de Saúde da Estrada (Pontevedra).
3. Nº de expediente: AB-SER3-16-011.
4. Clasificación CPV 2008: 71.22.10.00, 71.24.00.00.
5. Orzamento sen IVE: 85.102,74 €.
6. Orzamento con IVE: 102.974,32 €.
7. Valor estimación do contrato: 120.845,90 €.
8. Prazo de execución: 2 meses.
9. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación exixida: non se exixe.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse as cláusulas 6.6.3.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante, PCAP).
c) Compromiso de medios persoais: véxase a cláusula 6.6.3.g) do PCAP.
10. Garantía provisional: non se exixe.
11. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
12. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.
13. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).
14. Acceso aos pregos: poderase obter o PCAP e o prego de prescricións técnicas desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/
15. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.
16. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o PCAP desta licitación.
17. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 6.5 do PCAP desta licitación.
18. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terá lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/
19. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.
Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2016
Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos