1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Servizo Galego de Saúde, Xerencia de Xestión Integrada A Coruña.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
c) Obtención de documentación e información:
1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.
2º. Domicilio: Paseo do General Sir John Moore, 2, 1ª planta.
3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.
4º. Teléfono: información de índole técnica: 981 17 80 00 (extensión 295606) e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.
5º. Telefax: 981 17 80 32.
6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es
7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.
d) Número do expediente: AB-EIC1-16-019.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: contrato de subministración.
b) Descrición do obxecto: contratación da subministración de armarios para os vestiarios xerais do Hospital Universitario A Coruña.
c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.
d) Lugar de execución: Hospital Universitario A Coruña.
e) Prazo de execución/entrega: desde a formalización ata o 31 de decembro de 2016.
f) Admisión de prórroga: non.
g) CPV: 44421720-0.
3. Tramitación e procedemento:
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Poxa electrónica: non.
d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 6.5.1).
4. Valor estimado do contrato:
a) 66.115,70 € (sesenta e seis mil cento quince euros e setenta céntimos).
5. Orzamento base de licitación:
a) Importe neto: 66.115,70 € (sesenta e seis mil cento quince euros e setenta céntimos).
b) Importe total: 80.000,00 € (oitenta mil euros).
6. Garantías exixidas:
a) Provisional: non.
b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: non requirida.
b) Solvencia:
Solvencia económica e financeira: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2.d) do prego de cláusulas administrativas particulares.
Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2.e) do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:
a) Data límite de presentación: as proposicións deberanse presentar antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou envialas por correo dentro do prazo sinalado.
b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.
c) Lugar de presentación: A Coruña.
1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. Hospital Abente y Lago.
2º. Domicilio: Paseo do General Sir John Moore, nº 2, 2ª planta.
3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
9. Apertura de ofertas:
a) Lugar: Hospital Abente y Lago.
b) Enderezo: sala de reunións do Hospital Abente y Lago. Paseo do General Sir John Moore, nº 2.
c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.
d) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es.
10. Gastos de publicidade: serán conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.
A Coruña, 19 de xullo de 2016
Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña