Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37290

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación e citación (ETX 8-13).

ETX execución de títulos xudiciais 8/2013

Procedemento orixe: despedimento/ceses en xeral 597/2012

Sobre despedimento

Demandantes: Enrique Castro Cardoso, Ernesto Vázquez Gramunt, Manuel Pérez Fernández

Avogada: María Luísa Arosa Barbeira

Demandados: Semar Aluminio, S.L., Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, María del Carmen Guillín Rey, Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., Marcial García, S.L.

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 8/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Enrique Castro Cardoso, Manuel Pérez Fernández, Ernesto Vázquez Gramunt, contra a empresa Semar Aluminios, S.L., Marcial García, S.L., Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández, Mª del Carmen Guillín Rey, Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto no 26 de xullo de 2016 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

1º. Declarar embargados os seguintes bens:

– Devolucións tributarias que a AEAT teña pendentes de devolver a Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., María Abel Tarrío Fernández, Marcial García Guillín, María del Carmen Guillín Rey, Marcial García, S.L., Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L. e Semar Aluminio, S.L. Para tal efecto, realícese a petición de cargo por requirimento xudicial a través da conta de consignacións xudiciais.

– Saldos das contas bancarias que segundo os datos existentes na aplicación informática posúa ao seu favor Sistemas Especiales Metálicos para la Arquitectura, S.L., María Abel Tarrío Fernández, Marcial García Guillín, María del Carmen Guillín Rey, Marcial García, S.L., Urbana Industrial de Inversiones Gallegas, S.L. e Semar Aluminio, S.L., en canto sexan suficientes para cubrir a suma das cantidades reclamadas, o cal se efectuará a través da conta de consignacións xudiciais.

– Predios propiedade da parte executada Marcial García, S.L:

1. Predio núm. 21.093, tomo 1477, libro 575, folio 181 do Rexistro da Propiedade de Negreira (garaxe 39 A e rocho 18).

2. Predio núm. 21.093, tomo 1477, libro 575, folio 185 do Rexistro da Propiedade de Negreira (garaxe 60).

3. Predio núm. 21.093, tomo 1477, libro 575, folio 186 do Rexistro da Propiedade de Negreira (garaxe 61).

4. Predio núm. 21.093, tomo 1477, libro 575, folio 3 do Rexistro da Propiedade de Negreira (rocho 17).

5. Predio núm. 21.093, tomo 1477, libro 575, folio 187 do Rexistro da Propiedade de Negreira (rocho 26).

6. 50 % do predio núm. 8469 inscrito no tomo 765, libro 170, folio 185 do Rexistro da Propiedade de Padrón.

7. Predio núm. 11.270 inscrición núm. 2ª, tomo 830, libro 117, folio 42 do Rexistro da Propiedade de Padrón (praza de garaxe).

8. Predio núm. 13.792, tomo 1561, libro 619, folio 2 do Rexistro da Propiedade de Negreira (rústica).

9. 2/6 do predio núm. 14.090, tomo 1033, libro 335, folio 212 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

10. Predio 17.203, tomo 1327, libro 170, folio 70 do Rexistro da Propiedade de Cambados (garaxe).

11. Predio núm. 17.213, tomo 1327, libro 170, folio 80 do Rexistro da Propiedade de Cambados (rocho).

12. Predio núm. 21.109, tomo 844, libro 227, folio 174 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

13. Predio núm. 21.111, tomo 844, libro 227, folio 176 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

14. Predio núm. 21.113, tomo 1543, libro 609, folio 2 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

15. Predio núm. 21.115, tomo 844, libro 227, folio 180 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

16. Predio núm. 21.117, tomo 844, libro 227, folio 182 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

17. Predio núm. 21.119, tomo 844, libro 227, folio 184 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

18. Predio núm. 21.137, tomo 1477, libro 575, folio 188 do Rexistro da Propiedade de Negreira (garaxe 8 A e rocho 6 A).

19. Predio núm. 21.153, tomo 844, libro 227, folio 221 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

20. Predio núm. 21.155, tomo 844, libro 227, folio 223 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

21. Predio núm. 21.157, tomo 846, libro 229, folio 1 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

22. Predio núm. 21.159, tomo 846, libro 229, folio 3 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

23. Predio núm. 21.161, tomo 846, libro 229, folio 5 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

24. Predio núm. 22.161, tomo 1477, libro 575, folio 193 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

25. Predio núm. 21.165, tomo 846, folio 229, libro 9 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

26. Predio núm. 21.167, tomo 846, libro 229, folio 11 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

27. Predio núm. 21.169, tomo 846, libro 229, folio 13 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

28. Predio núm. 21.796, tomo 1251, libro 235, folio 117 do Rexistro da Propiedade de Noia.

29. Predio núm. 22.251/T 01, tomo 1477, libro 575, folio 200 do Rexistro da Propiedade de Negreira (rocho 1).

30. Predio núm. 22.251/T 2, tomo 1477, libro 575, libro 201 do Rexistro da Propiedade de Negreira (rocho 2).

31. Predio núm. 22.159/T 09, tomo 1477, libro 575, folio 192 do Rexistro da Propiedade de Negreira (rocho 9).

32. Predio núm. 22.247, tomo 1477, libro 575, folio 194 do Rexistro da Propiedade de Negreira (rocho 1).

33. 47,06 % do predio núm. 35.927, tomo 1545, libro 610, folio 125 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

34. Predio núm. 35.978, tomo 1337, libro 501, folio 223 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

35. 47 % do predio núm. 44.628, tomo 1597, libro 636, folio 2 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

36. Predio núm. 29.575, tomo 928, libro 338, folio 206 do Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa.

37. Predio núm. 38.866, tomo 1137, libro 492, folio 55 do Rexistro da Propiedade de Vilagarcía de Arousa (garaxe 19).

38. Predio núm. 21.163, tomo 846, libro 229, folio 7 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

No caso de que o ben inmoble embargado teña carácter ganancial, acórdase dar traslado ao cónxuxe da parte executada para que se poida opor á execución polas mesmas causas que correspondan a este e, ademais, en que os bens gananciais non deben responder da débeda por que se despachou a execución, e facéndolle saber, así mesmo, que poderá interpor os recursos e usar os medios de impugnación de que dispón o executado para a defensa dos intereses da comunidade de gananciais.

Notifíquese o embargo trabado a:

– Antonio Bouzas Bentín e Teresa Teira García, en relación co predio número 8.469, inscrito R. Propiedade de Padrón, e o predio número 14.090 inscrito no Rexistro da Propiedade de Negreira.

– José Luis Vázquez Bravo e Mª Cantorna Cantorna, en relación co predio número 14.090 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

– Residenciales Norgal, S.L., en relación cos predios número 35.927 e número 44.628 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

– GDS Inversiones Rego dos Pasos, S.L., en relación co predio 35.927 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

– Reconser Galicia, S.L. e Isabel Iglesias Santos, en relación co predio número 44.628 do Rexistro da Propiedade de Negreira.

Para notificar a presente resolución aos anteriormente referidos, únense copias do acceso á base de datos do punto neutro xudicial realizada na ETX 308/2014, co fin de encontrar os seus domicilios, e a Residenciales Norgal, S.L. fáiselle a través do DOG ao vir negativa a notificación remitida na ETX 308/2014, igual que a GDS Inversiones Rego dos Pasos, S.L., remítese exhorto ao Xulgado Decano de Pontevedra.

Acórdase librar mandamento ao Rexistro da Propiedade de Padrón, Noia, Vilagarcía, Cambados e Negreira coas indicacións da lexislación hipotecaria, por duplicado, coa seguinte finalidade:

a) Para facer a anotación preventiva do embargo no Rexistro da Propiedade, remitindo o devandito mandamento por (inserir medio polo cal se envía o mandamento, xa sexa por fax ou por calquera outro medio electrónico establecido no artigo 162 da LAC), no día de hoxe.

b) Así mesmo, para os efectos previstos no artigo 656 da LAC, para que remita certificación de titularidade do dominio e demais dereitos reais dos bens gravados, así como os dereitos de calquera natureza que existan sobre os bens embargados, en especial, relación completa das cargas inscritas que os graven ou, se for o caso, que se achan libres de cargas.

Non procede o embargo dos predios inmobles titularidade de Marcial García Guillín e María Abel Tarrío Fernández números 37.445, 37.449, 37455, 37463, 37465, 37467 e 37477, ao teren todas elevadas cargas anteriores e só teren os executados unha porcentaxe de titularidade deles, o que podería levar a que a poxa fose antieconómica.

2º. Declarar embargadas a participación social de que son titulares Marcial García Guillín, María Abel Tarrío Fernández e María del Carmen Guillín Rey na sociedade Marcial García, S.L.

Notifíquese aos administradores da sociedade Marcial García, S.L., Marcial García Guillín e Mª del Carmen Guillín Rey, segundo a información obtida do Rexistro Mercantil Central, que se une, do embargo trabado sobre as participacións sociais mencionadas a fin de que procedan á anotación do embargo no libro de rexistro de socios, de conformidade co disposto no artigo 109 da Lei de sociedades de capital e para que no menor tempo posible poñan en coñecemento deste xulgado a existencia de pactos de licitación á libre transmisión de accións ou calquera outra cláusula estatutaria ou contractual que afecte as accións embargadas (artigo 623.3 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, de aplicación supletoria).

3º. Constituír unha administración xudicial sobre os bens embargados, e para iso acórdase citar as partes a unha comparecencia ante a letrada da Administración de xustiza que lugar no próximo día 28 de setembro de 2016 ás 9.30 horas, á cal se debe citar as partes e os administradores da executada Marcial García, S.L., facéndolles saber que aqueles que non comparezan inxustificadamente se terán por conformes co acordado polos comparecentes.

Notifíquese ás partes e a Mª Abel Tarrío Fernández por medio de edictos no DOG, ao dar resultado negativo na tramitación do recurso de suplicación, facéndolle saber que, en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste xulgado do social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0308 14. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo do concepto deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0308 14. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada no formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo as que a lei expresamente ordene facer no boletín oficial.

E para que sirva de notificación e citación a María Abel Tarrío Fernández, expido esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza