Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37277

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (713/2014).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 713/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mercedes Galdo Rodríguez contra Prendourado, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, ditouse a seguinte sentenza cuxo encabezamento e resolución son do seguinte teor literal:

Reforzo

Sentenza: 372/2016.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 713/2014.

Demandante: Mercedes Galdo Rodríguez.

Letrada: Sra. Ferreira González.

Demandada: Prendourado, S.L.

Fogasa.

Sentenza número 372/2016.

A Coruña, 21 de xullo de 2016.

Resolución:

1º. Estimo a demanda formulada por Mercedes Galdo Rodríguez fronte á empresa Prendourado, S.L. e, en consecuencia, condeno esta a pagarlle á primeira a suma de 540,96 euros polos conceptos indicados na presente resolución, así como a aboar o xuro de demora do 10 %.

2º. O Fogasa deberá pasar pola presente resolución nos termos do artigo 23.6, inciso primeiro, da LRXS cos límites previstos no artigo 33 ET.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas deixando testemuño desta no presente procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes, advertíndolles que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz do Social de reforzo.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo maxistrado xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Prendourado, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 22 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza