Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37207

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 4 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

BDNS (Identif.): 315059.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas, nos termos recollidos na presente orde, as persoas traballadoras que reúnan os seguintes requisitos:

a) Que estean ou estivesen afectadas por un procedemento de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior durante o período subvencionable que se estableza na convocatoria. Considerarase que a persoa traballadora está afectada cando teña ou tivese o seu contrato suspendido no período subvencionable, establecido na respectiva convocatoria, en polo menos unha xornada laboral completa.

b) Que o procedemento de regulación de emprego afecte, dentro do período subvencionable, algún centro de traballo da empresa situado na Comunidade Autónoma de Galicia.

c) Que a causa de forza maior derive de acontecementos catastróficos, imprevisibles ou que sendo previstos fosen inevitables, como terremotos, maremotos, incendios, inundacións, pragas, explosións, tormentas de vento e mar, sempre que supoñan a destrución total ou parcial das instalacións do centro de traballo situado na Comunidade Autónoma de Galicia, e impida a continuidade total ou parcial da actividade empresarial.

d) Que a causa de forza maior fose constatada por resolución da autoridade laboral competente.

e) Que os seus ingresos brutos mensuais, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias, non superen os 2.000 euros ou a cantidade proporcional nos supostos de persoas traballadoras vinculadas á empresa por contrato de traballo a tempo parcial.

2. Non poderán ser beneficiarias as persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, ou algunha das prohibicións establecidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Segundo. Obxecto

Estas bases teñen por obxecto fixar os criterios e requisitos para a concesión de axudas para compensar a perda de poder adquisitivo das persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 4 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a persoas traballadoras afectadas por procedementos de regulación de emprego de suspensión de contratos de traballo por causa de forza maior, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

Cuarto. Importe

1. Devindicación:

A axuda económica devindicarase por xornada laboral completa de suspensión de contrato dentro do período subvencionable.

2. Contía:

A contía da axuda fixarase en 7 ou 9 € por xornada completa efectiva de suspensión de contratos, segundo o tramo de base de cotización por continxencias comúns a que pertenza a persoa traballadora, de acordo coa seguinte escala:

a) Para bases de cotización de ata 1.800 €, unha axuda de 9 € por cada xornada completa de suspensión.

b) Para bases de cotización superiores a 1.800 €, unha axuda de 7 € por cada xornada completa de suspensión.

Esta contía entenderase para persoas traballadoras que teñan contrato de traballo a xornada completa. No suposto de persoas traballadoras con contrato a tempo parcial, as bases de cotización entenderanse reducidas proporcionalmente, o que dará lugar á redución proporcional da contía da axuda.

3. Duración:

A axuda estenderase a todas as xornadas laborables completas de suspensión que se produzan dentro do período subvencionable establecido na convocatoria.

Quinta. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes será aquel que se estableza na respectiva convocatoria anual.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2016

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria