Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37363

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial do estudo de detalle na rúa Pinar do Río número 24, Serantes (expediente FG 606).

Mediante Resolución desta alcaldía nº 3163, do 12 de agosto de 2016, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle para a reordenación do volume e das condicións de posición da edificación en Rúa Pinar do Río, nº 24, en Serantes (documento nº 9523, do 27.6.2016).

De conformidade co artigo 80 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 16 de agosto de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde presidente