Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37362

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de exposición pública (expediente FG 394).

Por Resolución desta alcaldía nº 3089, do 8 de agosto de 2016, acordouse aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan parcial do SUNP.I-33R do solo industrial de Iñás, Oleiros (documento nº 10151, do 7.7.2016).

De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 11 de agosto de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde presidente