Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 22 de agosto de 2016 Páx. 37361

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Allariz

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 5 do Plan xeral de ordenación municipal de Allariz.

Unha vez aprobado inicialmente, por acordo do Pleno do día 29 de xullo de 20165 o proxecto de modificación puntual nº 5 do Plan xeral de ordenación municipal sobre corrección de aliñacións no núcleo de Casnadagaia, parroquia de San Mamede de Urrós (Allariz), de acordo co disposto nos artigos 60.6 e 83 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese á información pública por un prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. O citado anuncio publicarase igualmente no xornal La Región de Ourense.

Durante ese prazo, calquera persoa interesada poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles parcelas directamente afectadas polas novas aliñacións aprobadas que modifican as vixentes no PXOM.

En particular, os predios catastrais afectados pola suspensión son as que se identifican coas referencia catastral núm. 4444316NG9744S, 4444317NG9744S e 4444318NG9744S.

Allariz, 9 de agosto de 2016

Francisco García Suárez
Alcalde