Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37467

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (434/2014).

Nuria Ramudo Rodríguez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira, fai saber que no presente procedemento, seguido por instancia de María Mercedes Velo Fernández fronte a Jaime Israel Díaz Rodríguez, se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza

Ortigueira, 4 de xullo de 2016.

Vistos por min, Diana Vales Laguna, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira, os presentes autos de divorcio contencioso rexistrados co número 434/2014, en que interviñeron, como demandante María Mercedes Velo Fernández, asistida da letrada María Leonardo Martínez e representada pola procuradora Yolanda Borrás Vigo, e como demandado, Jaime Israel Díaz Rodríguez, declarado en rebeldía procesual…

Resolvo:

Que estimando totalmente a demanda presentada pola procuradora Yolanda Borrás Vigo, en nome e representación de María Mercedes Velo Fernández, debo acordar e acordo a disolución por divorcio do matrimonio formado por María Mercedes Velo Fernández e Jaime Israel Díaz Rodríguez, con todos os efectos previstos na lei.

Non se efectúa expreso pronunciamento acerca das custas procesuais.

En canto sexa firme esta resolución…»

E ao estar o demandado Jaime Israel Díaz Rodríguez en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ortigueira, 12 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza