Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37468

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (120/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 120/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Saúl Tojeiro López contra Rufei Sun e outro, S.C. sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto:

Maxistrada xuíza: Sandra María Iglesias Barral.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Saúl Tojeiro López solicitou a execución de sentenza número 96/2016 ditada no DOI 162/2016 fronte a Rufei Sun e outro, S.C.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O exercicio da potestade xurisdicional xulgando e facendo executar o xulgado, corresponde exclusivamente aos xulgados e tribunais determinados nas leis e nos tratados internacionais (artigo 117 CE e artigo 2 da LOPX).

O artigo 237.2 da LXS establece que a execución de sentenzas firmes a levará a cabo po órgano xudicial que tiver coñecido do asunto en instancia, polo que corresponde a este Xulgado do Social número 1 o despacho da execución deste sentenza número 96/2016 ditada no DOI 162/2016.

Segundo. A execución iniciarase por instancia de parte, e unha vez iniciada esta, tramitarase de oficio ditándose para o efecto as resolucións necesarias (artigo 239 da LXS).

Terceiro. Despois de transcorrer o termo establecido no artigo 279 da LXS, sen que conste que a empresa demandada procedese á readmisión do/dos traballador/es no prazo e condicións legalmente previsto, corresponde, de conformidade co establecido no artigo 280 da LXS, despachar execución do resolto en sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor do executante Saúl Tojeiro López fronte a Rufei Sun e outro, S.C., parte executada.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da/s infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de presupostos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe».

Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016.

Despois de presentar o traballador Saúl Tojeiro López exixindo o cumprimento polo empresario Rufei Sun e outro, S.C. da obriga de readmisión, e despois de despacharse auto de execución de sentenza número 96/2016 ditada no DOI 162/2016, de conformidade co artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia ás partes e ao Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que intenten valerse, e fixo o próximo día 30 de agosto de 2016 ás 11.00 horas para a celebración da comparecencia.

De non asistir o traballador ou persoa que o represente, teráselle por desistido na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza. Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición a interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén a mesma, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

E para que sirva de notificación en legal forma a Rufei Sun e outro, S.C., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza