Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 23 de agosto de 2016 Páx. 37500

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 1 de agosto de 2016, da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada D.X. 6/2015, interposto contra a resolución do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, do 29 de decembro de 2014.

Nesta dirección xeral tramitouse o recurso de alzada presentado por Eligio San Millán Lago, (DNI 36067742-Q), contra a resolución do Servizo de Mobilidade de Pontevedra, do 29 de decembro de 2014.

Intentada a notificación da resolución por correo certificado con xustificante de recepción no enderezo que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 de la Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícase a resolución ditada á persoa interesada.

Infórmaselle de que o expediente se atopa á súa disposición nas oficinas da Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte, situadas na praza de Europa, 5 A, 2º, en Santiago de Compostela.

Contra a dita resolución, que ten un pronunciamento desestimatorio e que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE de conformidade cos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2016

Antón García Río
Subdirector xeral de Ordenación do Transporte