Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37961

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, pola que se anuncia a licitación para a contratación do arrendamento, sen opción de compra, mantemento e subministración de funxibles, de 68 equipamentos multifunción, mediante procedemento aberto e tramitación ordinaria (expediente AB-EIV1-16-024).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: 36211 Vigo.

4º. Teléfono: 986 21 92 33.

5º. Telefax: 986 21 91 50.

6º. Correo electrónico: chuvi.contratacion.administrativa@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: arrendamento, sen opción de compra, mantemento e subministración de funxibles, de 68 equipamentos multifunción.

c) División por lotes: non.

d) Lugar de entrega: o que se especifique no prego de cláusulas administrativas.

e) Prazo de execución: dous (2) anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV: 30121100-4.

3. Tramitación, procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas.

4. Valor estimado do contrato: 67.460,64 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 44.973,76 €. IVE: 9.444,49 €. Importe total: 54.418,25 €.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse os pregos de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite da presentación: as ofertas pódense presentar en man antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Se o último día do prazo de presentación das solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade da entidade adxudicadora, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Hospital Nicolás Peña.

2º. Domicilio: avenida das Camelias, nº 109.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36211.

4º. Enderezo electrónico: chuvi.contratación.administrativa@sergas.es

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: apertura dos sobres B e C.

b) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Nicolás Peña; avenida das Camelias, nº 109.

c) Localidade e código postal: Vigo 36211.

d) Data e hora: publicaranse no perfil do contratante www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Véxase a cláusula 3.4 do prego de cláusulas administrativas.

Vigo, 21 de xullo de 2016

Félix Rubial Bernárdez
Xerente de Xestión Integrada de Vigo