Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37964

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a licitación da contratación da subministración de electrocardiógrafos e monitores desfibriladores destinados a diversos centros de saúde dependentes desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

2º. Domicilio: paseo do Xeneral Sir John Moore, 2, 1º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

4º. Teléfonos: información de índole técnica: 981 17 61 06 e información de índole administrativa: 981 17 80 73 e 981 17 80 34.

5º. Telefax: 981 17 80 32.

6º. Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8º. Data límite de obtención da documentación e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: AB-EIC1-16-021.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: contratación da subministración de electrocardiógrafos e monitores desfibriladores destinados a diversos centros de saúde dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: si, dous (2) lotes.

d) Lugar de execución: Hospital Universitario A Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: desde a formalización ata o 31 de decembro de 2016.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 33123200-0, 33182100-0.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares (cláusula 6.5.1.).

4. Valor estimado do contrato:

a) 90.483,30 € (noventa mil catrocentos oitenta e tres euros e trinta céntimos).

5. Orzamento base de licitación:

– Lote 1.

a) Importe neto: 33.735,00 € (trinta e tres mil setecentos trinta e cinco euros).

b) Importe total: 40.819,35 € (corenta mil oitocentos dezanove euros e trinta e cinco céntimos).

– Lote 2.

a) Importe neto: 56.748,30 € (cincuenta e seis mil setecentos corenta e oito euros e trinta céntimos).

b) Importe total: 68.665,44 € (sesenta e oito mil seiscentos sesenta e cinco euros e corenta e catro céntimos).

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: si. Equivalente ao 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non requirida.

b) Solvencia:

– Solvencia económica e financeira: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2.d) do prego de cláusulas administrativas particulares.

– Solvencia técnica e profesional: deberase xustificar segundo o sinalado no número 6.6.2.e) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas o de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: as proposicións deberanse presentar antes das 14.00 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou envialas por correo, dentro do prazo sinalado.

b) Modalidade de presentación: directamente no lugar indicado na alínea c) deste punto. Cando a proposición se envía por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos ou anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da oferta mencionada mediante telegrama ou fax o mesmo día. O número de fax é o 981 17 80 32.

c) Lugar de presentación: A Coruña.

1º. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada A Coruña, Hospital Abente y Lago.

2º. Domicilio: paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2, 2º andar.

3º. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: Hospital Abente y Lago.

b) Enderezo: sala de reunións do Hospital Abente y Lago, paseo do Xeneral Sir John Moore, nº 2.

c) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

d) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e do sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 22 de xullo de 2016

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña