Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2016, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a licitación da contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución e da dirección de obra da construción do Centro de Saúde do Saviñao (Lugo) (expediente AB-SER3-16-020).

1. Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos do Servizo Galego de Saúde. Subdirección Xeral de Investimentos.

2. Obxecto: contratación do servizo de redacción do proxecto básico e de execución e da dirección de obra da construción do Centro de Saúde do Saviñao (Lugo).

3. Nº de expediente: AB-SER3-16-020.

4. Clasificación CPV 2008 : 71.22.10.00, 71.24.00.00.

5. Orzamento sen IVE: 36.006,12 €.

6. Orzamento con IVE: 43.567,41 €.

7. Valor de estimación do contrato: 49.913,82 €.

8. Prazo de execución: 2 meses.

9. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación exixida: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional: véxanse as cláusulas 6.6.3.e) e f) do prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCAP).

c) Compromiso de medios persoais: véxase a cláusula 6.6.3.g) do PCAP.

10. Garantía provisional: non se exixe.

11. Garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

12. Forma de tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

13. Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito á regulación harmonizada).

14. Acceso aos pregos: poderanse obter o PCAP e o prego de prescricións técnicas desta contratación no perfil do contratante http://www.sergas.es/

15. Lugar e prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en sobres pechados, no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade/Servizo Galego de Saúde (Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15703 Santiago de Compostela), ata o décimo quinto (15º) día natural a partir do seguinte ao da publicación desta contratación no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas. Cando o último día para a presentación de ofertas coincida en sábado ou en día inhábil, o prazo prorrogarase ata o primeiro día hábil seguinte.

16. Documentación que deberán presentar os licitadores: véxase o PCAP desta licitación.

17. Criterios de valoración: os definidos na cláusula 6.5 do PCAP desta licitación.

18. Apertura de proposicións: os actos públicos de apertura dos sobres B e C terán lugar nas dependencias da Dirección Xeral de Recursos Económicos e a súa data será anunciada no perfil do contratante http://www.sergas.es/

19. Anuncios: serán por conta do adxudicatario da contratación.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

A directora xeral de Recursos Económicos
P.S. (Acordo do 18.7.2016)
Cristina Enjamio Cabado
Subdirectora xeral de Investimentos