Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37970

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN de 2 de agosto de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo de transporte e distribución de diverso material desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención de información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Subministracións (Unidade de Contratación).

c) Obtención de documentación e información:

– Dependencia: Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol. Servizo de Subministracións.

– Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

– Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

– Teléfono: 981 33 67 62 e 981 33 45 14.

– Telefax: 981 33 45 51.

– Correo electrónico: contratación.subministracions.ferrol@sergas.es

– Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

– Data límite de obtención de documentos e información: poderanse recoller ata o último día do prazo de presentación de ofertas, todos os días laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, agás sábados.

d) Número de expediente: AB-ASF1-16-013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: servizo de transporte e distribución de diverso material da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

c) División por lotes e número de lotes (número de unidades): lote único.

d) Lugar de execución/entrega: véxanse os pregos.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) Establecemento dun acordo marco (se é o caso): non.

h) Sistema dinámico de adquisición (se é o caso): non.

i) CPV (referencia de nomenclatura): 60100000-9.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación, se é o caso:

– Calidade do servizo: ata 50 puntos.

– Oferta económica: ata 50 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 482.790,00 €.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 219.450,00 €. IVE: 46.084,50 €. Importe total: 265.534,50 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira, e solvencia técnica e profesional: véxanse os pregos.

c) Outros requisitos específicos: véxanse os pregos.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 12.9.2016.

b) Modalidade de presentación: véxanse os pregos.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

2º. Enderezo: avenida da Residencia, s/n.

3º. Localidade e código postal: 15405 Ferrol.

d) Admisión de variantes: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) A data, a hora e o lugar de celebración das mesas de apertura dos sobres B e C publicaranse no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de las Comunidades Europeas (se é o caso): 2.8.2016.

12. Outras informacións:

Ferrol, 2 de agosto de 2016

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol