Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37919

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (264/2014).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 264/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Paz Ces Piñeiro contra as empresas Academia Abrente, S.L. e Alquileres y Servicios Educativos, S.L., se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar as executadas, Academia Abrente, S.L. e Alquileres y Servicios Educativos, S.L., en situación de insolvencia total por importe de 6.000 euros en concepto de principal máis outros 600 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, de ser o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíqueselles ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións intentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A letrada da Administración de xustiza.

Para que sirva de notificación en legal forma a Academia Abrente, S.L. e Alquileres y Servicios Educativos, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza