Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37921

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Sobrado (expediente IN407A 2016/695-1).

Expediente: IN407A 2016/695-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Sante-Grixalba.

Concello: Sobrado.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión aérea a CT Sante, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,554 km, coa orixe no apoio nº 60-B-31-27 da LMT SDG709, condutor tipo LA-56 mm2 e final no CT Sante (proxectado).

Centro de transformación intemperie Sante, cunha potencia de 100 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 16, do 19 de xaneiro, e BOE nº 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figuran no anexo que acompaña a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte (20) días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 14 de xuño de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2016/695-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: LMT, CT e RBT Sante-Grixalba.

Concello: Sobrado.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Nº predio

Lugar

Cultivo

Propietario

Afección de solo en pleno dominio

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica

Apoio nº

m2

ml aér.

m2 aér.

2

Cruces - 15081A026000130000AX

Labradío e monte alto

María Pilar Vigo Vázquez

58.0

286.0

3

Fonte das Cruces - 26/16

Monte alto

Benigna Lodeiro Castro

0.0

11.0

4

Monte Vello - 26/17

Monte alto e prado

María Raquel Cabado Sarandeses

27-1

9.0

84.0

846.0

5

Monte Vello - 26/20

Prado

María Virtudes Sánchez Rodríguez

34.0

343.0

6

Monte Vello - 26/29

Prado

María Raquel Cabado Sarandeses

0.0

1.0

7

Monte Vello - 26/30

Monte baixo

Francisca Suárez Fernández

27-2 (½)

1.0

42.0

417.0

8

Monte Vello - 26/31

Monte alto

José Manuel Ramos Fernández

27-2 (½)

1.0

33.0

531.0

9

Monte Vello - 26/32

Monte alto

José Manuel Ramos Fernández

0.0

2.0

10

Monte Vello - 26/33

Monte alto

José Manuel Ramos Fernández

82.0

1303.0

11

Pena María - 26/54

Monte alto

María Virtudes Sánchez Rodríguez

16.0

221.0

12

Pena María - 26/53

Monte alto

Hros. Eugenio Veiga Ares

1.0

16.0

13

Pena María - 26/52

Monte alto

José Prol de Santiago

27-3 (½)

1.0

4.0

97.0

14

Agro - 26/48

Prado

Carmen Ramos Gómez

27-3 (½) e 27-4 (½)

2.0

118.0

1180.0

15

Campón - 26/41

Prado

Jesús Lodeiro Castro

27-4 (½)

1.0

8.0

78.0

16

Campón - 26/40

Prado

Francisco Suárez Fernández

39.0

401.0

17

Campón - 15081A026000290000AK

Prado

María Virtudes Sánchez Rodríguez

27-5 (CT)

9.0

35.0

351.0

Abreviacións:

ml aér.: lonxitude da servidume aérea en metros lineais.

m2 aér.: superficie de servidume aérea en m2.

CT: centro de transformación.