Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37933

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 8 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de procedencia de reintegro de axudas ao Programa para a promoción do emprego autónomo, reguladas na Orde do 14 de maio de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 27 de maio), relativa ao expediente TR341D 2014/60-2.

Intentada a notificación do Acordo da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, do 27 de xullo de 2016, polo que se acorda a resolución de procedencia de reintegro da subvención concedida, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle á interesada o contido do dito acto como figura no anexo, para que poida ter coñecemento del.

Contra esta resolución, que pon fín á vía administrativa, a interesada poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A interesada durante este prazo poderá presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido do acto administrativo.

Lugo, 8 de agosto de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2014/60-2.

Nome: Rosanna Elizabeth Almonte Núñez.

DNI/NIF: X3556550Z.

Último enderezo coñecido: rúa Músico Mestre Soutullo, 5-3º, 27004 Lugo.

Feito imputado: non realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención durante un tempo mínimo de dous anos.

Precepto infrinxido: artigo 12, punto b), da Orde do 14 de maio de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2014.

Contido da resolución: procedencia de reintegro ditada o 27 de xullo do 2016 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.