Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37935

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 9 de agosto de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a resolución ditada en relación coa axuda regulada na Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto), relativa ao expediente TR341D 2015/438-2.

Intentada a notificación da resolución ditada pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo pola que se acorda non conceder a subvención, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido da dita resolución como figura no anexo, para que poidan ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselles saber que dita resolución pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado (BOE), ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación no BOE, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados durante este prazo poderán presentarse ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, situado na rolda da Muralla, nº 70, baixo, en Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada pola xefa territorial.

Lugo, 9 de agosto de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR341D 2015/438-2.

Nome: Rubén Rodríguez López.

DNI/NIF: 33350371A.

Último enderezo coñecido: rúa Río Sil, 9, entresollado 2, 27003 Lugo.

Axuda: subvención polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia.

Orde reguladora: Orde do 12 de agosto de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto).

Contido do acto administrativo: resolución de non concesión da axuda ou subvención solicitada dado a que obtivo unha puntuación inferior ou igual á do último expediente concedido, pero queda nun posto inferior segundo os criterios de desempate.

Data da resolución: 8 de xullo de 2016.