Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2016 pola que se anuncia a licitación, non suxeita a regulación harmonizada e documentalmente simplificada, das obras de reparación da instalación eléctrica da residencia de maiores Porta do Camiño, cofinanciada con fondos Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, a través de procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria (expediente 47/2016).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica-Servizo de Obras.

c) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

d) Enderezo do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=59228

e) Número de expediente: 47/2016.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obras de substitución da instalación eléctrica da residencia de maiores Porta do Camiño.

c) Nomenclatura CPV: 45310000-3.

d) Nomenclatura CPA: 432110.

e) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

f) Lugar de execución: residencia de maiores Porta do Camiño (rúa Rodas, 2, Santiago de Compostela).

g) Prazo de execución/entrega: oito (8) semanas (deberá acreditarse mediante presentación de compromiso debidamente asinado polo representante legal da empresa).

h) Admisión de prórroga: non.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe total con IVE: douscentos sesenta e un mil setecentos sesenta e sete euros con noventa e nove céntimos (261.767,99 €).

5. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (IVE excluído). Dez mil oitocentos dezaseis euros con oitenta e seis céntimos (10.816,86 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: o prego de cláusulas administrativas particulares e o prego de prescricións técnicas (proxecto) poderán ser examinados na Subdirección Xeral de Contratación e Control.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono de contacto:

– Información administrativa: 981 54 46 52 (Mª José Rodríguez Novoa).

– Información índole técnica: 981 54 72 43 (José Luis López Cousillas).

d) Fax: 981 54 56 85.

e) Correo electrónico: obras.politicasocial@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

g) Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=59228

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación e solvencia: ver o número 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares e o punto 16 do cadro de características do dito prego.

b) Compromiso de adscrición de medios: deberase xustificar polos medios sinalados no punto 3.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo de presentación: 26 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia.

b) Lugar de presentación:

– Segundo o establecido no apartado 3.4 do PCAP a documentación presentarase na oficina do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía do Complexo Administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela. O horario de apertura da dita oficina é de luns a sábados das 9.00 ás 14.00 horas. A partir do día 15 de setembro o horario de apertura será das 9.00 ás 19.00 horas en xornadas de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas os sábados cando sexan laborables.

– Calquera posible variación relativa ao horario publicarase no perfil do contratante.

– As proposicións tamén poderán enviarse por correo dentro do prazo de admisión indicado, xustificando a data de imposición do envío anunciándoo á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social mediante télex, fax ou telegrama, no mesmo día e nun só envío.

– Se a documentación se presenta en calquera outro rexistro diferente dos indicados nos parágrafos anteriores non será admitida á licitación.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no apartado 3.5 do PCAP.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social.

b) Domicilio e localidade: Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Data: o acto público de apertura do sobre B efectuarase no lugar, na data e na hora que se publicará no perfil do contratante con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, así como calquera posible variación destas datas.

10. Gastos de publicidade.

Este anuncio será por conta do adxudicatario. O importe a título indicativo é de 5,42 € por liña publicada no Diario Oficial de Galicia (10,82 € se é urxente).

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2016

O conselleiro de Política Social
P.D. (Artigo 1 da Orde do 3.3.2016)
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social