Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37894

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 131/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 131/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construción contra Excavaciones Torres Iglesias, S.L., se ditaron as seguintes resolucións:

Auto:

Maxistrada xuíza: Sandra María Iglesias Barral.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

Antecedentes de feito:

Único. A Fundación Laboral de la Construcción presentou escrito solicitando a execución da Sentenza 85/2016 de data do 12.4.2016 ditada no procedemento ordinario 1050/12, fronte a Excavaciones Torres Iglesias, S.L.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Este Xulgado do Social número 1 ten examinado a súa xurisdición, competencia obxectiva e territorial, e entende que na demanda de execución de título xudicial concorren os presupostos e requisitos procesuais exixidos pola lei, e debe despacharse esta de conformidade co disposto no artigo 237 da LXS e concordantes.

Segundo. De conformidade co mencionado título que se executa e a solicitude de execución presentada, a cantidade pola que se despacha execución é de 403 euros en concepto de principal (203 euros en concepto de achega empresarial e 200 euros en concepto de custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado) e de 40,3 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, polo que non excede, para os primeiros, do importe dos que se devindicarán durante un ano e, para as custas, do 10 por 100 da cantidade obxecto de prema en concepto de principal.

Terceiro. Dispón o artigo 251.2 da LXS que, sen prexuízo do disposto no artigo 576 da LAC, subsidiariamente aplicable, transcorridos tres meses do despacho da execución sen que o executado cumpra na súa integridade a obriga, se se aprecia falta de dilixencia no cumprimento da executoria, se tivese incumprido a obriga de manifestar bens ou se tivesen ocultado elementos patrimoniais transcendentes na devandita manifestación, poderá incrementarse o xuro legal que deberá aboar en dous puntos.

Cuarto. Se a parte executada cumpre na súa integridade a obriga exixida contida no título, incluído no caso de execución monetaria o aboamento dos xuros procesuais, se proceden, dentro do prazo dos vinte días seguintes á data de firmeza da sentenza ou resolución xudicial executable ou desde que o título quedase constituído ou, se é o caso, desde que a obriga declarada no título executivo fose exixible, non se lle impoñerán as custas da execución que se tiver instado, en aplicación do prevido no artigo 239.3 da LXS.

Quinto. En virtude do disposto no artigo 551.3 da LAC, ditado o auto polo/a maxistrado/a, o letrado da Administración de xustiza responsable da execución, no mesmo día ou no día seguinte hábil, ditará decreto cos contidos previstos en citado precepto.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da Sentenza 85/2016 de data 12.4.2016 ditada no procedemento ordinario 1050/12 a favor da parte executante, Fundación Laboral de la Construcción, fronte a Excavaciones Torres Iglesias, S.L., parte executada, por importe de 403 euros en concepto de principal (203 euros en concepto de achega empresarial e 200 euros en concepto de custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado), máis outros 40,3 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarase durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, a interpoñer ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación, no cales, ademais de alegar as posibles infraccións en que pudiese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tivesen acaecido con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación e débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 1 aberta en Banco Santander, S.A., conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 debendo indicar no campo concepto, "Recurso" seguida do código "30 Social-Reposición". Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o "código 30 Social-Reposición". Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A maxistrado/a xuíz/a. O/A letrado/a da Administración de xustiza.

Decreto:

Letrada da Administración de Xustiza, María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

Antecedentes de feito:

Primeiro. Fundación Laboral de la Construcción presentou demanda de execución da Sentenza 85/2016 do 12.4.2016 ditada no procedemento ordinario 1050/12, fronte a Excavaciones Torres Iglesias, S.L.

Segundo. En data do 28.7.2016 este órgano xudicial ditou auto despachando orde xeral de execución pola cantidade de 403 euros en concepto de principal (203 euros en concepto de achega empresarial e 200 euros en concepto de custas procesuais, incluídos os honorarios do letrado), máis outros 40,3 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Excavaciones Torres Iglesias, S.L., realizada por decreto de data do 7.11.2013, ditado por este órgano xudicial na ETX 117/13, cuxa copia testemuñada se une a autos para os efectos de constancia.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. Dispón o artigo 239.4 da LXS que o órgano xurisdicional despachará execución, sempre que concorran os presupostos e requisitos procesuais, o título executivo non presente ningunha irregularidade formal e os actos de execución que se solicitan sexan conformes coa natureza e contido do título.

Segundo. A orde xeral de execución, cuxo contido vén determinado no artigo 551 da LAC, subsidiariamente aplicable na xurisdición social, ditouse por auto desta data, sendo procedente, por imperativo do número 3 do mesmo artigo, ditar o presente decreto sinalando as medidas executivas, de localización e requirimento de pagamento, se é o caso.

Terceiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base abondo para estimar a súa pervivencia noutras execucións, podendo ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens, se é o caso. Por iso e vista a insolvencia xa ditada contra a/s executada/s adóptase a seguinte resolución.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo en cumprimento do requisito que se contén no artigo 276.3 e previo á estimación na presente executoria da pervivencia da declaración de insolvencia da parte executada Excavaciones Torres Iglesias, S.L., dar audiencia previa á parte demandante Fundación Laboral de la Construcción, por termo de quince días para que poidan sinalar a existencia de novos bens, e do seu resultado de acordará o procedente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos. Será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, "recurso" seguida do código "31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de Xustiza". Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación "recurso" seguida do "31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza". Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

O/A letrado da Administración de xustiza.

E para que sirva de notificación en legal forma a Excavaciones Torres Iglesias, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza