Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Xoves, 25 de agosto de 2016 Páx. 37892

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 114/2016).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 114/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Constantino Torres Gago e Roberto Carlos Varela Moreira contra a empresa Eshovet Po-Ca, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza de 18.2.2016, ditada no procedemento ordinario 410/2015, a favor da parte executante, Constantino Torres Gago e Roberto Carlos Varela Moreira, fronte a Eshovet Po-Ca, S.L., parte executada, por importe de 3584,14 euros en concepto de principal, máis outros 358,40 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará o/a letrado/a da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a Eshovet Po-Ca, S.L., co fin de que no prazo de dez días, manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderán impoñérselle tamén multas coercitivas periódicas.

– Consultar as aplicacións informáticas do órgano xudicial para a indagación de bens do executado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Eshovet Po-Ca, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 27 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza