A disposición adicional segunda do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo, determina que a consellería con competencias en materia de educación promoverá a colaboración coas empresas e as entidades empresariais e, en particular, coas máis implicadas en sectores clave da economía galega e as relacionadas cos sectores emerxentes. Esta colaboración ten como finalidade, entre outras, a posibilidade de impartir módulos profesionais incluídos en títulos de formación profesional ou módulos formativos incluídos en certificados de profesionalidade nas instalacións das empresas, co fin de garantir que a formación se realice cos equipamentos propios da actividade, así como a actualización profesional.
Pola Orde do 6 de xuño de 2016 da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 16 de xuño), autorizáronse proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos formativos de formación profesional en centros educativos en colaboración con diversas entidades.
Desde o momento da publicación desta orde, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinou outros convenios de colaboración en materia de formación profesional dual para o curso 2016/17 e seguintes.
Na súa virtude, co fin de pór en funcionamento estes proxectos de formación profesional dual de carácter experimental, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, facendo uso das competencias que lle confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia,
DISPÓN:
Artigo 1. Obxecto
1. Esta orde ten por obxecto a autorización e a implantación de proxectos experimentais de formación profesional dual de ciclos de formación profesional polo réxime de persoas adultas en centros educativos, en colaboración con diversas entidades, que vén ampliar os proxectos autorizados pola Orde do 6 de xuño de 2016.
Esta implantación pode ser obxecto de cofinanciamento polo Fondo Social Europeo, no marco do obxectivo temático 10 (Investir en educación, formación e formación profesional para adquisición de capacidades e unha aprendizaxe permanente), e polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
2. A relación de centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras en que se autorizan os proxectos de formación profesional dual establécese no anexo III.
Artigo 2. Plan de formación e aprendizaxe
1. Os proxectos de formación profesional dual terán unha duración como máximo de tres anos e impartiranse de acordo coa distribución de módulos do anexo IV para cada ciclo formativo e curso escolar.
2. Estes proxectos incorporarán, entre outros aspectos, a programación para cada un dos módulos profesionais consonte o establecido no artigo 23 da Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regula o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial, que recollerá as actividades que cumpra realizar no centro educativo e na empresa, así como o calendario, a xornada e os horarios en que se realizará a actividade laboral na empresa e a correspondente actividade formativa.
3. A distribución da formación curricular, a distribución global do proxecto, a temporalización dos módulos profesionais, a adquisición, por parte do alumnado, de cualificacións e unidades de competencia e a especificación das horas de formación que se realizarán no centro educativo e na empresa para cada módulo profesional están recollidas en cada un dos convenios subscritos entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade colaboradora correspondente. Os convenios poderán ser consultados no enderezo http://www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual
Artigo 3. Requisitos das persoas solicitantes
Para poderen acceder a este proxecto de formación profesional dual, as persoas aspirantes deberán cumprir o seguinte:
a) Ter entre dezaoito e vinte e nove anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
b) Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora educativa, ou na disposición adicional terceira desta última lei, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I desta orde.
c) Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou polo sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
d) Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, salvo que a formación inherente ao proxecto de formación profesional dual teña por obxecto a obtención dunha cualificación profesional distinta, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
e) Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.
Artigo 4. Lugar e prazo de presentación de solicitude
1. Cada solicitante presentará unha única solicitude, segundo o modelo do anexo I, que se entregará en calquera dos centros que figuran no anexo II. Irán dirixidas á dirección do centro educativo.
Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude, non se terá en conta a súa petición.
2. Este modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp.
3. O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 1 de setembro ata as 13.00 horas do día 13 de setembro de 2016.
Artigo 5. Documentación
Coa solicitude de admisión deberase achegar a seguinte documentación:
a) Copia do DNI ou NIE, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no Sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
b) No caso de non ter realizado os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
c) Currículo co formato Europass, que se poderá elaborar no enderezo:
https://europass.cedefop.europa.eu/es/documents/curriculum-vitae.
Artigo 6. Procedemento de admisión e matrícula
1. O procedemento de admisión realizarase en dúas fases:
a) Na primeira fase, o centro educativo, logo de analizar a documentación presentada e de verificar os requisitos das persoas solicitantes, o 14 de setembro fará pública no taboleiro de anuncios a relación provisional de persoas solicitantes, ordenada alfabeticamente, con indicación do requisito de acceso ao ciclo formativo. Así mesmo, o centro educativo procederá na mesma data ao envío da devandita listaxe á entidade colaboradora.
Esta publicación realizarase tamén na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es/fp.
Contra esta listaxe, as persoas solicitantes poderán presentar ante a dirección do centro a correspondente reclamación, no prazo de dous días hábiles desde tal publicación.
Logo de resolver as reclamacións presentadas o día 19 de setembro, publicarase no taboleiro de anuncios do centro educativo e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp a listaxe coa relación definitiva de persoas solicitantes. Así mesmo, o centro educativo procederá na mesma data ao envío da devandita listaxe á entidade colaboradora, de maneira que as persoas que non figurasen na listaxe provisional e sexan incluídas na listaxe definitiva se incorporen ao proceso de selección por parte da entidade colaboradora ou a empresa.
b) Na segunda fase, a entidade colaboradora, a partir da listaxe facilitada polo centro educativo e no prazo do 20 ao 26 de setembro, seleccionará as persoas para participar no proxecto de formación profesional dual, que non poderán exceder o número máximo de alumnado a que se refire o punto 1 do artigo 7 desta orde. A empresa comunicará ao alumnado os criterios e os procedementos utilizados na selección con anterioridade á súa realización.
Estas actuacións serán realizadas por persoal da empresa xunto cunha persoa representante do centro educativo, de xeito que a selección poida garantir que se cobre o número mínimo de prazas que a empresa se compromete a acoller nas súas instalacións.
Finalizado o período de selección, o centro educativo publicará no taboleiro de anuncios a listaxe de persoas admitidas, a listaxe de persoas en espera ordenadas por orde de prioridade e a listaxe de persoas non seleccionadas.
Esta publicación realizarase, así mesmo, na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria http://www.edu.xunta.es/fp.
2. Logo de realizada a publicación das listaxes a que se refire o punto anterior, e antes das 13.00 horas do 30 de setembro, as persoas admitidas deberanse matricular na secretaría do centro correspondente.
3. Contra a relación definitiva de solicitantes a que se refire o punto 1, alínea a), e contra as listaxes de persoas admitidas a que se refire o punto 1, alínea b), as persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada, no prazo máximo dun mes, ante a persoa titular da xefatura territorial correspondente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Artigo 7. Prazas ofrecidas e número mínimo de solicitudes de matrícula
1. O número máximo de alumnos e alumnas con matrícula no proxecto experimental de formación profesional dual será o establecido nos convenios subscritos entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a entidade colaboradora correspondente; en todo caso, será como máximo de trinta alumnos/as por proxecto.
Os convenios poderán ser consultados no enderezo:
http://www.edu.xunta.es/fp/convenios-dual.
2. A autorización da oferta do proxecto experimental de formación profesional dual quedará condicionada a que exista un número mínimo de doce persoas seleccionadas. Un número menor de persoas seleccionadas exixe a autorización expresa da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para pór en funcionamento este proxecto experimental de formación profesional dual, e en tanto non se dispoña desta autorización non se poderá formalizar matrícula ningunha.
Artigo 8. Consentimentos e autorizacións
A tramitación do procedemento require a verificación de datos en poder das administracións públicas. Xa que logo, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. En caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos nos termos exixidos polas normas reguladoras do procedemento.
Artigo 9. Protección de datos de carácter persoal
De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídos nun ficheiro denominado «Alumnado», cuxo obxecto é xestionar este procedemento e informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante esta mesma secretaría xeral técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Edificio Administrativo San Caetano, s/n,15704 Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a: sxfp@edu.xunta.es.
Artigo 10. Modelos normalizados de formularios
Para calquera outro trámite distinto da presentación da solicitude, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Disposición adicional única. Ordenación académica e avaliación do alumnado
Este proxecto regularase polo recollido na Orde do 6 de xuño de 2016 canto á titoría, ao desenvolvemento da formación, á avaliación, á continuidade no proxecto por parte do alumnado, ao módulo de Formación en centros de traballo, ao módulo de Proxecto, aos módulos xa superados ou validados por parte do alumnado e á comunicación á Inspección educativa da relación do alumnado matriculado no ciclo formativo e o nome da empresa onde vai realizar a súa formación.
Todos os aspectos relativos á ordenación académica e á avaliación sobre formación profesional inicial non recollidos nesta orde ou na Orde do 6 de xuño de 2016 rexeranse polas normas que con carácter xeral regulan as ensinanzas de formación profesional do sistema educativo.
Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento e execución
Autorízanse a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptaren as medidas precisas para a execución desta orde.
Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2016
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO II
Centros educativos onde se pode presentar a documentación
Concello |
Código de centro |
Centro educativo |
Enderezo |
Teléfono |
Correo |
A Coruña |
15005269 |
IES Urbano Lugrís |
Avenida de Arteixo |
981 23 59 45 |
ies.urbano.lugris@edu.xunta.es |
15027897 |
CIFP Paseo das Pontes |
Rúa San Pedro de Mezonzo, 4 |
981 16 01 96 |
cifp.paseodaspontes@edu.xunta.es |
|
Ribeira |
15014556 |
CIFP Coroso |
Avenida da Coruña, 174C |
981 87 03 61 |
cifp.coroso@edu.xunta.es |
Santiago de Compostela |
15015767 |
CIFP Politécnico de Santiago |
Rúa Rosalía de Castro, 133 |
981 52 20 62 |
cifp.politecnico.santiago@edu.xunta.es |
15016000 |
CIFP Compostela |
Lamas de Abade, s/n |
981 52 31 40 |
cifp.compostela@edu.xunta.es |
|
Chantada |
27003175 |
IES Val do Asma |
Avenida de Monforte, s/n |
982 44 16 02 |
ies.val.asma@edu.xunta.es |
Lugo |
27006516 |
CIFP Politécnico de Lugo |
Rúa Armando Durán, 3 |
982 22 03 28 |
cifp.politecnico.lugo@edu.xunta.es |
Ourense |
32009131 |
IES Universidade Laboral |
Rúa Universidade, 18 |
988 22 63 04 |
ies.universidade.laboral@edu.xunta.es |
Pontevedra |
36020064 |
CIFP Carlos Oroza |
Avenida Montecelo, 16 |
986 84 70 02 |
cifp.carlos.oroza@edu.xunta.es |
Vigo |
36011579 |
IES A Guía |
Avenida Dona Fermina, 1 |
986 37 51 11 |
ies.guia@edu.xunta.es |
36011634 |
IES Politécnico de Vigo |
Rúa Torrecedeira, 88 |
986 21 30 25 |
ies.politecnico.vigo@edu.xunta.es |
|
36013448 |
CIFP Manuel Antonio |
Avenida de Madrid, s/n, apt. 3138 |
986 27 38 00 |
cifp.manuel.antonio@edu.xunta.es |
|
36017430 |
IES Ricardo Mella |
Estrada Vella de Madrid, 177 |
986 25 37 11 |
ies.ricardo.mella@edu.xunta.es |
ANEXO III
Centros educativos, ciclos formativos e entidades colaboradoras en que se autorizan os proxectos de formación profesional dual
Concello |
Código de centro |
Centro educativo |
Código de ciclo |
Ciclo formativo |
Entidade colaboradora |
Santiago de Compostela |
15015767 |
CIFP Politécnico de Santiago |
SQUI01 |
Laboratorio de análise e de control de calidade |
Corporación Laber, Laboratorio y Consultoría, S.L. |
Chantada |
27003175 |
IES Val do Asma |
SIFC03 |
Desenvolvemento de aplicacións web |
IGM WEB, S.L. |
Lugo |
27006516 |
CIFP Politécnico de Lugo |
MEOC01 |
Construción |
Construcciones Tellao, S.L. Manuel Santos Gómez Obras y Reformas Construmen, S.L. Obras y reformas Lugo, S.L. Odegal, S.L. Oltaya Lugo, S.L. Óscar Piñeiro López José Antonio Rodríguez Cabanas Reformas Noroeste, C.B. Reformas y Sistemas de Galicia, S.L. Rubén López Barreiro Unkia, S.L. |
ANEXO IV
Plan de formación dos ciclos formativos autorizados para os proxectos de formación profesional dual
Código de centro |
Centro |
Código de ciclo |
Ciclo |
Curso |
Código de módulo |
Módulo |
15015767 |
CIFP Politécnico de Santiago |
SQUI01 |
Laboratorio de análise e de control de calidade |
2016/17 |
MP0065 |
Mostraxe e preparación da mostra |
MP0066 |
Análises químicas |
|||||
MP0070 |
Ensaios microbiolóxicos |
|||||
2017/18 |
MP0067 |
Análise instrumental |
||||
MP0069 |
Ensaios fisicoquímicos |
|||||
MP0074 |
Formación e orientación laboral |
|||||
2018/19 |
MP0068 |
Ensaios físicos |
||||
MP0071 |
Ensaios biotecnolóxicos |
|||||
MP0072 |
Calidade e seguridade no laboratorio |
|||||
MP0075 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
|||||
27003175 |
IES Val do Asma |
SIFC03 |
Desenvolvemento de aplicacións web |
2016/17 |
MP0373 |
Linguaxes de marcas e sistemas de xestión de información |
MP0483 |
Sistemas informáticos |
|||||
MP0484 |
Bases de datos |
|||||
MP0615 |
Deseño de interfaces web |
|||||
MP0617 |
Formación e orientación laboral |
|||||
MP0618 |
Empresa e iniciativa emprendedora |
|||||
2017/18 |
MP0485 |
Programación |
||||
MP0487 |
Contornos de desenvolvemento |
|||||
MP0612 |
Desenvolvemento web en contorno cliente |
|||||
MP0613 |
Desenvolvemento web en contorno servidor |
|||||
MP0614 |
Despregamento de aplicacións web |
|||||
27006516 |
CIFP Politécnico de Lugo |
MEOC01 |
Construción |
2016/17 |
MP0995 |
Construción |
MP0996 |
Interpretación de planos de construción |
|||||
MP0997 |
Fábricas |
|||||
MP1006 |
Formación e orientación laboral |
|||||
2017/18 |
MP0998 |
Revestimentos |
||||
MP0999 |
Encofrados |
|||||
MP1000 |
Formigón armado |
|||||
MP1001 |
Organización de traballos de construción |
|||||
MP1002 |
Obras de urbanización |
|||||
2018/19 |
MP1003 |
Solados, azulexados e chapados |
||||
MP1004 |
Cubricións |
|||||
MP1005 |
Impermeabilizacións e illamentos |
|||||
MP1343 |
Empresa e iniciativa emprendedora |