De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (en diante, LRXPAC), notifícaselle á empresa que se relaciona no anexo, o acordo de iniciación ditado no expediente sancionador por infracción do artigo 56 do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de máquinas recreativas e de azar da Comunidade Autónoma de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
O artigo 32.1.a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia, atribúe ao director xeral con competencias en materia de xogo e apostas a competencia para a resolución dos expedientes sancionadores cando a sanción consista nunha multa de ata 60.000 €.
A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelle á Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, en virtude do disposto no Decreto 72/2013, do 25 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administraciones Públicas e Xustiza.
Infórmase de que, de conformidade co disposto no artigo 135 da LRXPAC e nos artigos 3, 18 e 19 do regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora (Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto), conta cun prazo de quince días hábiles contados desde a publicación para exercer perante o/a instrutor/a o dereito de audiencia e formular alegacións, así como examinar o expediente nestas dependencias. Igualmente poderá exercer o dereito de recusación nos casos e na forma prevista no artigo 29 da LRXPAC.
A tramitación do expediente realízase na oficina desta xefatura territorial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, sita no andar 9 do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Fernández Ladreda, 43, de Pontevedra.
No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento, no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 16 do Real decreto 1398/1993.
A eficacia desta publicación queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de acordo co disposto no artigo 59.5 da LRXPAC.
Pontevedra, 17 de agosto de 2016
Ramón Pereiro Santín
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
|
Nome |
DNI/NIF |
Nº exp. |
Precepto infrinxido |
Último enderezo |
Establecemento |
|
Recreativos Veiga, S.L. |
B-36642684 |
P-1/16 |
Artigo 56 do Decreto 39/2008, do 21 de febreiro |
Vía Hispanidade, 61 baixo, 36203 Vigo |
Entrecañas |


