Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Luns, 29 de agosto de 2016 Páx. 38270

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 10 de agosto de 2016, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado ampliación do Mouzón, a favor dos veciños de Fervenza e O Meiral, na parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello do Barco de Valdeorras (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 9 de xuño de 2016, adoptou a seguinte resolución:

«Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado ampliación do Mouzón, a favor dos veciños de Fervenza e O Meiral, na parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello do Barco de Valdeorras (Ourense) resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 24 de xuño de 2014, tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de José Manuel Vega Jerez, no cal solicita a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas ampliación do Mouzón.

Segundo. Con data do 4 de novembro de 2015, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período de un mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Contra o escrito de inicio do procedemento presentáronse diversos escritos de alegacións, entre os cales se atopan o achegado por Rafael Paradelo Vega, en representación da CMVMC de Santa Mariña, que reclama a exclusión do expediente de clasificación das parcelas 2 do polígono 53, e 445 e 446 do polígono 54. Non obstante, o Servizo de Montes informou o día 30 de maio de 2016 que parte da superficie da parcela 2 do polígono 53 (28.000 m²) pertence aos veciños de Fervenza e O Meiral; e que as parcelas 445 e 446 do polígono 54 non están actualmente clasificadas como monte veciñal en man común.

Por outro lado, Francisco Vega Rodríguez alegou que as parcelas 500, 810 e 838 do polígono 54 deben ser excluídas do expediente de clasificación. No entanto, o Servizo de Montes informou o día 5 de febreiro de 2016 de que as parcelas citadas non están incluídas no expediente de clasificación.

As restantes alegacións (presentadas por Ana María Rodríguez Vega, Rosa Vega Rodríguez e Antonio Rodríguez Ulloa) refírense a reclamación de propiedade sobre terreos que cos datos fornecidos non é posible identificar, a pesar de seren requiridos para que achegasen as certificacións catastrais respectivas. Ademais, limítanse a presenzar copias de anexos, pero non o título de que deriva a propiedade dos terreos reclamados.

Polo exposto, o xurado acordou a ampliación do MVMC Mouzón desestimando a totalidade das reclamacións presentadas.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Analizada a descrición do perímetro da carpeta ficha do monte Mouzón e o esbozo que o representa graficamente advírtense diferenzas na súa interpretación. No linde do monte polo oeste, no número 3.4 da carpeta ficha, lese que esta vai desde o alto de Mouzón seguindo a liña do concello de Vilamartín ata os predios particulares e segue polo norte bordeando segundo a poligonal deses predios ata o regueiro de Fervenza. No esbozo da carpeta ficha esta estrema non se achega ata os predios particulares e a liña do perímetro queda por este lado máis retrasada.

A solicitude de clasificación, no que afecta a ampliación da parcela Mouzón, podería incorrer nunha dobre clasificación, polo que o xurado provincial interpreta a solicitude de ampliación desta parcela como unha revisión do esbozo do monte Mouzón xa clasificado e considera como nova clasificación outra parcela denominada ampliación do Mouzón.

Como conclusión, a clasificación de varias parcelas como monte veciñal desdóbrase, por un lado, nunha revisión do esbozo do monte Mouzón (A) e por outro nunha nova clasificación (B).

Como consecuencia da revisión do esbozo, o monte Mouzón xa clasificado incrementaría a súa superficie e quedaría formado polas seguintes parcelas catastrais:

Concello

Datos catastrais

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

O Barco de Valdeorras

48

954

Monte de Arnado

194.184

9003

Camiño público

3.500

49

513

Monte Mouzón

978.004

9008

Camiño público

4.200

9009

Camiño público

400

53

9002

Camiño público

4.500

2 (parte)

Monte Xigua

28.000

54

237

Lombeiro

49.958

256

Lombeiro

411.316

266

Lombeiro

126.753

9011

Camiño público

2.200

9012

Camiño público

500

9013

Camiño público

3.000

9014

Camiño público

1.300

Superficie total

1.807.815 m2

180,78 ha

As estremas quedarían definidas como segue:

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste); do polígono 48 as parcelas: 9001, 955 e 956.

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur).

Do polígono 48 as parcelas: 957, 9001, 783, 782, 925, 749, 748 e 747.

Do polígono 49: 9003, 184, 183, 507, 201, 202, 203, 509, 510, 511, 256, 257, 258, 259, 263, 262, 270, 264, 265, 267, 266, 268, 533, 271, 272, 274, 275, 276, 277, 278, 292, 512, 295, 387, 388, 389, 390, 391, 392, 393, 394, 396, 397, 416, 415, 414, 413, 417, 421, 422, 487, 486, 485, 484, 522, 483, 523, 482, 481, 480, 478, 477, 476, 475, 474, 470, 456, 455, 453, 452, 449, 448, 9008 e 447.

Do polígono 54: 869, 867, 825, 818, 817, 812, 811, 810, 807, 808, 809, 798, 796, 772, 9012, 9013, 720, 721, 722, 723, 724, 725, 726, 727, 728, 731, 732, 733, 734, 735 e 9011.

Do polígono 53: 1.

Sur: intersección dos concellos: O Barco de Valdeorras, A Veiga e Petín.

Oeste: liña dos concellos de Petín e Vilamartín de Valdeorras.

B. Considérase como nova clasificación:

Denominación do monte: ampliación do Mouzón.

Superficie: 90.640,72 m2 (aprox. 9,06 ha).

Pertenza: CMVMC de Fervenza e O Meiral.

Parroquia: Santa Mariña do Monte.

Concello: O Barco de Valdeorras.

1. Parcelas catastrais que comprende e superficies:

Concello

Datos catastrais

Superficie en clasificación (m2)

Polígono

Parcela

Lugar

Superficie catastral (m2)

O Barco de Valdeorras

50

1398

Coral

15.130

15.130

1397

Coral

34.648

34.648

1820

Campo da Parada

3.391

3.391

9002

Camiño público

3.482

54

446

Pendón

17.139

17.139

445

Pendón

15.667

15.667

9002

Camiño público

1.119

Superficie en clasificación

90.576 m2

9,06 ha

2. Estremas.

Norte (parcelas catastrais enumeradas de oeste a leste); do polígono 50, as parcelas: 9003 (camiño), 1750 e 1759.

Leste (parcelas catastrais enumeradas de norte a sur).

Do polígono 50: 9003 (camiño), 1758, 9006 (camiño) e 9007(camiño).

Do polígono 54: 9002 (camiño).

Sur (parcelas catastrais enumeradas de leste a oeste).

Do polígono 54: 1080, 212, 433, 434, 1077, 1076, 436, 480, 482, 1002, 542 e 9002 (camiño).

Do polígono 50: 9004, 1754, 1755, 1756 e 9001 (río).

Oeste (parcelas catastrais enumeradas de sur a norte); do polígono 50: 9001 (río) e 658.

3. A clasificación destes terreos non afecta ningún monte veciñal en man común dos clasificados ata a data nin dos que están en trámites de clasificación. Non invaden montes catalogados de utilidade pública, montes cualificados como protectores ou con outras figuras de especial protección, e non están afectados por consorcios ou convenios para a xestión forestal pública.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei “son montes veciñais en man común (...) os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños”.

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, e corresponde constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que veña gozando del ao xurado provincial de clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 166/2015, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado ampliación do Mouzón, a favor dos veciños de Fervenza e O Meiral, na parroquia de Santa Mariña do Monte, no concello do Barco de Valdeorras (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa».

Ourense, 10 de agosto de 2016

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais
en Man Común de Ourense