Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38450

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 6 de Ourense

EDICTO (866/2016).

Raquel Blanco Pérez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primera Instancia número 6 de Ourense, polo presente,

Anuncio:

No presente procedemento garda, custodia e alimentos seguido por instancia de Rodica Bumbu fronte a Silviu Dimitru ten ditado sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza garda, custodia e alimentos.

Sentenza.

Nº 866/2016.

Maxistrada xuíza Laura Guede Gallego.

En Ourense, 5 de xullo de 2016.

Vistos os presentes autos nº 1601/2015 sobre petición de alimentos, garda e custodia promovidos pola procuradora Sra. Araujo en nome e representación de Rodica Bumbu dirixida polo letrado Sr. Branco fronte Silviu Dimitru, que foi declarado en rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido:

Acordo a adopción das seguintes medidas reguladores da garda e custodia da menor María del Carmen Dimitru Bumbu, así como a súa pensión de alimentos:

Atribúese a garda e custodia do menor á nai Rodica.

Atribúese o exercicio exclusivo da patria potestade á nai Rodica.

Suspéndese o réxime de visitas.

En concepto de alimentos a favor do fillo común, establécese a obriga do pai de aboar, dentro dos cinco días hábiles de cada mes e na conta que designe a demandante, a suma de 50 euros que serán anualmente actualizados en función das variacións que experimente o IPC ou índice que o substitúa a data un de xaneiro. Así mesmo, establécese a obriga de aboar o 50 % dos gastos de material escolar que se xeran anualmente no mes de setembro e o 50 % dos gastos extraordinarios diferenciando entre os necesarios (aqueles sanitarios e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social) e os non necesarios, sendo necesario o previo consentimento para estes últimos e non para os primeiros. Entenderase prestada a súa conformidade, se requirido un proxenitor polo outro, de forma fidedigna, é dicir, que conste sen lugar a dúbidas a recepción do requirimento, se deixar transcorrer o prazo de dez días hábiles sen facer manifestación ningunha. No requirimento que se realice o proxenitor que pretenda facer o gasto, deberá detallar o gasto concreto que precise o fillo, e achegar presuposto no que figure o nome do profesional que o expida.

Non se impoñen as costas do presente procedemento a ningunha das partes.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal. Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 da LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días desde a notificación, recurso de apelación (artigos 457 e ss. da LAC) ante este tribunal.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas, deixando testemuño abondo en autos.

Así o acorda, manda e asina S.Sª. Dou fe.

A maxistrada xuíza.

E encontrándose o devandito demandado, Silviu Dimitru, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 6 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza