Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 163 Martes, 30 de agosto de 2016 Páx. 38452

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (200/2015).

V24 declaración de herdeiros 200/2015

Procedemento orixe: /

Sobre outras materias

Myriam de Mata Schick, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, fai saber que no expediente de declaración de herdeiros abintestato, seguido neste órgano xudicial co número declaración de herdeiros 200/2015, polo falecemento sen testar de María del Carmen Estati Hassen, acontecido en Lalín o día 22.5.2001, incoado o presente procedemento en virtude de testemuño do auto ditado no procedemento de intervención dos bens hereditarios 178/2015, seguido tamén neste xulgado en virtude de solicitude formulada pola Xunta de Galicia, se acordou, por resolución desta data, chamar os que se crean con igual ou mellor dereito á herdanza que os que a solicitan para compareceren no xulgado a reclamala dentro do prazo de trinta días a partir da publicación deste edicto. Quedan apercibidos de que, de non o verificaren, recaerá sobre eles o prexuízo que proceda en dereito.

Lalín, 12 de xullo de 2016

A letrada da Administración de xustiza