Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39438

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 1 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se adxudican seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas, convocadas mediante Orde do 10 de maio de 2016 (ED110A).

A Orde do 10 de maio de 2016 (DOG núm. 95, do 20 de maio) establece as bases e anuncia a convocatoria -en réxime de concorrencia competitiva e con sometemento aos principios de publicidade, obxectividade, transparencia, igualdade, mérito e capacidade- de seis bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados noutras tantas universidades estranxeiras.

Logo de ver a proposta de resolución definitiva de adxudicación das ditas bolsas de formación e a certificación, remitidas ambas pola subdirectora xeral de Política Lingüística en cumprimento do establecido no artigo 14.2 da antedita orde, acompañadas da acta da comisión de valoración constituída ao abeiro do artigo 11 da referida orde e da resolución definitiva de admitidos e excluídos, este secretario xeral, en uso das facultades que lle son expresamente delegadas en virtude da disposición adicional única da Orde do 10 de maio de 2016,

DISPÓN:

Artigo 1

Adxudicar as bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas dos centros de estudos galegos localizados nas universidades que se especifican, coas condicións establecidas na orde da convocatoria e polo período que se indica, ás persoas relacionadas no anexo I.

Artigo 2

Aceptar, polo motivo especificado, a desistencia da súa solicitude das persoas que se relacionan no anexo II.

Artigo 3

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o/a titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, no prazo dun mes, que se contará a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificados pola Lei 4/1999, ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2016

Valentín García Gómez
Secretario xeral de Política Lingüística

ANEXO I
Adxudicación das bolsas de formación

Destino

Apelidos e nome

NIF

Período

Universidade de Berlín

Barrera García, Ana Belén

32706764M

1.10.2016 a 30.9.2019

Universidade Nova de Lisboa

Fente Parada, Antonio

33546652W

1.10.2016 a 30.9.2019

Universidade de Roma La Sapienza

Ces Ares, Ana

44846868L

1.10.2016 a 30.9.2019

Universidade de Zádar

Martínez Vicente, Alejandro

36155281V

1.10.2016 a 30.9.2019

Universidade do Estado do Río de Xaneiro

Sande Siaba, Lucía

78803548M

1.1.2017 a 31.12.2019

Universidade de San Paulo

Torres Madureira, Gabriel

44468061E

1.1.2017 a 31.12.2019

ANEXO II
Relación de desistidos

Apelidos e nome

NIF

Motivo

1

Castro González, Inmaculada

35482181N

Non presentarse á fase de exposición e defensa do proxecto didáctico (art. 12.4)

2

Freire Casal, Irene

45846890R

Non presentarse á fase de exposición e defensa do proxecto didáctico (art. 12.4)

3

López Arias, Patricia

53195583X

Non presentarse á fase de exposición e defensa do proxecto didáctico (art. 12.4)