Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39569

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 2 de setembro de 2016, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de contratación do servizo de limpeza do edificio desta xerencia.

1. Entidade adxudicadora: Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, servizos centrais. Nº de expediente 8.911/407.

2. Obxecto do contrato: servizo de limpeza do edificio sede da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo.

3. Tramitación e procedemento:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 54.000,00 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono 986 81 03 46. Fax 986 22 47 80. Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: solvencia económico-financeira e técnica conforme os pregos ou a seguinte clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A.

8. Presentación de ofertas: o prazo rematará aos quince días seguintes ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG. Documentación: a exixida no número 7 das FEC do prego de condicións administrativas. Lugar de presentación: Rexistro da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo (praza do Rei s/n, ata as 13.30 horas do último día de prazo ou nas formas previstas na cláusula 12ª).

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio (a data e hora anunciarase no perfil do contratante).

10. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org.

Vigo, 2 de setembro de 2016

O presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo
P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo