Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39567

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle do polígono 5 en Mera-Serantes (expediente FG 601).

Polo Concello Pleno, en sesión ordinaria con data do 30 de xuño de 2016, acordouse, entre outros, o seguinte, facendo constar que con esta mesma data se remitiu a documentación establecida no artigo 92 da Lei 9/2002, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle polígono 5, rúa Curros Enríquez, Mera-Oleiros (doc. nº 19.332 do 15.12.2015), presentado por López Calvo e Hijos, S.L. coas seguintes determinacións urbanísticas:

Previsión plan

Estudo detalle

Superficie ámbito

2.265 m2

2.627,61 m2 realidade física

Edificabilidade máxima

1,00 m2/m2

1,00 m2/ m2

Aproveitamento tipo

0,95 m2/ m2

0,95 m2/ m2

Usos previstos

Vivenda colectiva e complementarios en planta baixa

Vivenda colectiva e complementarios en planta baixa

Dotacións públicas

Zona verde V-11

1.100 m2

1.125 m2

Viario aparcamento

605 m2

1.238,88 m2

Altura máxima

B + 3 (13,5 m)

B + 3 (13,5 m)

Ordenanzas de aplicación

Ord. 4 de cuarteirón

Ord. 4 de cuarteirón

O aproveitamento na parcela edificable será o seguinte:

Usos

Edificabilidade

Aproveitamento

Residencial

1.970,71

1.970,71

Compatible planta baixa

656,90

656,90 × 0,80 = 525,52

Totais

2.627,61

2.496,23

A edificabilidade resultante é: 2.627,61/2.627,61 = 1,00 m2/m2.

O aproveitamento resulta de: 2.496,23/2.627,61 = 0,95 m2/m2.

O estudo de detalle deixa aberta a posibilidade de facer uso de aparcadoiro soterrado público baixo a rasante da zona verde. Ademais, prevé a dotación de aparcamento en superficie para case 50 prazas.

Recursos. O estudo de detalle é unha disposición xeral polo que contra este poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da publicación desta disposición.

Oleiros, 2 de agosto de 2016

Ángel García Seoane
Alcalde presidente