Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39566

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de corrección de erros materiais nas determinacións urbanísticas relativas ao Campus Universitario de Lugo, contidas no Plan xeral de ordenación municipal vixente.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 28.7.2016, acordou proceder pola vía do artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a corrixir seis erros materiais, aritméticos e gráficos existentes nas determinacións do PXOM aprobado definitivamente de forma parcial pola Orde do 29 de abril de 2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (CMATI), relativas ao ámbito territorial do Campus Universitario de Lugo. O devandito acordo será publicado no Boletín Oficial da provincia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 3 de agosto de 2016

A alcaldesa

P.D. (Decreto 16005312)

Ana Mª González Abelleira

Carmen Flores Pardo

Tenente alcalde delegada da Área de Goberno de Benestar Social, Igualdade e Inclusión

Vicesecretaria accidental