Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39564

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 24 de agosto de 2016, da Área Provincial de Turismo de Lugo, pola que se notifica a proposta da Resolución do 27 de xuño de 2016 ditada no expediente sancionador LU-13/2016, por infracción grave en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícase á interesada que no anexo se menciona, a proposta de resolución, efectuada pola instrutora do procedemento Mercedes Campos Casares, do expediente sancionador en materia de turismo LU-13/2016, incoado ao titular do establecemento denominado Albergue O Candido, situado no lugar de San Román de Retorta do concello de Guntín (Lugo), xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Segundo o establecido no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, concédese á interesada o trámite de audiencia durante un prazo de quince días, contados a partir do seguinte ao da publicación no Boletín Oficial del Estado desta proposta de resolución, participándolle que ten á súa disposición o expediente para examinalo, na Área Provincial de Turismo sita no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, na rolda da Muralla, nº 70, co fin de que, deste xeito, durante igual prazo, poida formular as alegacións e presentar os documentos e a información que considere pertinentes.

Lugo, 24 de agosto de 2016

Paloma Vázquez Fernández
Xefa da Área Provincial de Turismo de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-13/2016.

Denunciada: Ana Isabel Rodríguez Redondo.

Establecemento: Albergue O Cándido.

Enderezo: lugar de San Román de Retorta, s/n.

Localidade: Guntín.

Feito denunciado: prestación de servizos de aloxamento sen presentar previa declaración responsable.

Precepto infrinxido: artigo 35 alínea a) da Lei 7/2011.

Sanción: novecentos un euros (901,00 €).