Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39495

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 10 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e de servizos para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código IN417Y).

BDNS (Identif.): 316188

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarios

1. As empresas legalmente constituídas e os empresarios autónomos que teñan domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia, incluídos no sector servizos ou da industria. Para os efectos desta resolución consideraranse sector servizos as actividades incluídas nas seccións: G, H, I, J, K, L, M, N, O, P, Q, R, S, T ou U do CNAE 2009. Dentro do sector industria serán subvencionables as empresas incluídas na sección B, C ou D do CNAE-2009, coa excepción da industria extractiva enerxética, as de refinación do petróleo e biocombustible, así como as empresas de xeración, transporte e distribución de enerxía eléctrica.

2. As empresas de servizos enerxéticos que xestionen total ou parcialmente instalacións consumidoras de enerxía e cando o obxecto destes contratos sexa a consecución de aforro económico derivado dun menor consumo de enerxía.

Segundo. Obxecto

A realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas do sector industrial e de servizos.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 10 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para a realización de auditorías enerxéticas, implantación de sistemas de xestión, mobilidade alternativa e proxectos de aforro e eficiencia enerxética nas empresas dos sectores industrial e de servizos para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020 (código IN417Y).

Cuarto. Contía

1. A contía global da convocatoria ascende a 5.052.533,50 euros. O financiamento da convocatoria correspóndese con fondos comunitarios derivados do Programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 % e co financiamento privado nun 20 %.

Financiamento-fondos Feder 2014-2020

Distribución por liña de axuda

Anualidade 2016

Anualidade 2017

Total

AE - auditorías enerxéticas

89.743,00

10.257,00

100.000,00

MA - mobilidade con combustibles alternativos

358.972,00

41.028,00

400.000,00

SX - implantación de sistemas de xestión

89.743,00

10.257,00

100.000,00

PAE - proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector industrial e ESE

3.457.375,50

395.158,00

3.852.533,50

PAE - proxectos de aforro e eficiencia enerxética no sector servizos

538.457,00

61.543,00

600.000,00

Total

4.534.290,50

518.243,00

5.052.533,50

2. A contía da subvención será do 30 % do custo elixible da nova instalación, cun máximo de 200.000 euros por proxecto. No caso de axudas concedidas a pequenas e medianas empresas, a intensidade da axuda incrementarase en 10 puntos porcentuais, ata o 40 % do custo elixible.

No caso de axudas á elaboración de auditorías enerxéticas, a intensidade de axuda será do 50 % do custo elixible.

No caso de auditorías enerxéticas e de implantación de sistemas de xestión, o importe total das axudas de minimis concedidas a unha única empresa non excederá os 200.000 euros durante calquera período de tres exercicios fiscais, os 100.000 euros cando se trate de empresas de transportes de mercadoría por estrada por conta allea, os 30.000 euros para empresas do sector da pesca e da acuicultura e os 15.000 euros para empresas do sector agrícola. No resto dos casos, a axuda máxima por empresa será de 1.000.000 de euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no DOG.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es) e na páxina web do Inega (www.inega.es).

Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia