Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39543

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 26 de xullo de 2016 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas a proxectos de formación Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva.

Advertidos erros na referida resolución, publicada no DOG núm. 156, do 19 de agosto de 2016, procede facer as seguintes correccións:

– Na páxina 37033, no punto b) do número 6 do artigo 14, onde di:

«b) Lista de alumnos, detallando o seu DNI, nome, empresa coa que está vinculado e tipo de vinculación (dentro das permitidas polo artigo 1.4 destas bases reguladoras) e indicando se superaron o curso e, se é o caso, a nota obtida».

Debe dicir:

«b) Lista de alumnos, detallando o seu DNI, nome, empresa con que está vinculado, tipo de empresa (peme ou grande empresa) e tipo de vinculación (dentro das permitidas polo artigo 1.4 destas bases reguladoras) e indicando se superaron o curso e, se é o caso, a nota obtida».

– Na páxina 37033, elimínase a letra c) do número 6 do artigo 14 e renuméranse as letras, da letra c) á g).