Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Xoves, 8 de setembro de 2016 Páx. 39540

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

BDNS (identif.): 316170.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Beneficiarias

a) As entidades locais de Galicia e entidades delas dependentes.

b) A Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e as entidades instrumentais dela dependentes.

c) As universidades do Sistema universitario galego.

d) As entidades sen ánimo de lucro.

e) As empresas legalmente constituídas.

Poderá existir unha diferenciación entre o titular da instalación solicitada e a titularidade dos centros consumidores de enerxía. Nestes casos, se o solicitante forma parte do sector público, deberase xustificar o desenvolvemento do proxecto con convenios ou acordos asinados cos titulares dos centros consumidores de enerxía, e acadar o 50 % do consumo enerxético previsto na súa solicitude. Por outra banda, o solicitante tamén poderá ser unha empresa de servizos enerxéticos que subministre enerxía térmica a distintos consumidores (sector público, empresas, residencial, entidades sen ánimo de lucro…).

Segundo. Obxecto

O obxecto destas bases é apoiar proxectos con fins de aforro enerxético e fomento do uso das enerxías renovables. Os proxectos limitaranse a instalacións de equipamentos térmicos que utilicen biomasa como combustible cun esquema de funcionamento baseado nunha xeración térmica centralizada e nunha distribución desta enerxía aos puntos de consumo mediante redes.

Terceiro. Bases reguladoras e convocatoria

Resolución do 11 de agosto de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de redes de distribución de enerxía térmica con equipamentos de xeración con biomasa, para o ano 2016, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder-Galicia 2014-2020.

Cuarto. Contía

1. A contía global da convocatoria ascende a 4.500.000 euros. O financiamento da convocatoria correspóndese con fondos comunitarios derivados do Programa Galicia 2014-2020 Feder nun 80 % e financiamento privado nun 20 %.

Axudas a proxectos de redes de distribución de calor con biomasa

Beneficiarias

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2016

Anualidade 2017

Total

Total

Total

Administración pública autonómica

09.A2.733A.714.2

1.500.000

100.000

1.600.000

Administración pública local

09.A2.733A.760.5

1.650.000

115.000

1.765.000

Empresas

09.A2.733A.770.5

1.000.000

70.000

1.070.000

Institucións sen ánimo de lucro

09.A2.733A.781.1

59.658

5.342

65.000

Total

4.209.658

290.342

4.500.000

2. A contía da subvención será dun 75 % do custo elixible no caso de que os beneficiarios sexan:

a) Entidades locais.

b) Sector público autonómico e universidades do Sistema universitario galego.

c) Entidades sen ánimo de lucro (que non realicen actividade económica).

A contía da subvención será dun 45 % do custo elixible no caso de que as beneficiarias sexan empresas, as súas agrupacións e asociacións, así como entidades sen ánimo de lucro que realicen actividade económica. No caso de pequenas empresas, a axuda incrementarase en 20 puntos porcentuais e, no caso de medianas empresas, en 10 puntos porcentuais. Aplicaranse incrementos similares ás entidades sen ánimo de lucro que teñan actividade económica, tendo en conta, para definir o seu tamaño, criterios similares aos que se aplican ás empresas.

3. A contía máxima da axuda por proxecto ou por solicitante será de 1.000.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado desde o seguinte a aquel en que se publiquen as presentes bases no DOG.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario electrónico normalizado accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).

Xunto coa solicitude presentaranse, anexadas, copias dixitalizadas da documentación complementaria.

Santiago de Compostela, 11 de agosto de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia