Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Martes, 13 de setembro de 2016 Páx. 42143

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 2 de setembro de 2016 pola que se modifica a Orde do 23 de decembro de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 29 de decembro), pola que se convocan as axudas para apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020.

Advertido un erro na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 172, do 9 de setembro de 2016, cómpre efectuar a oportuna corrección:

Na páxina 39609, no artigo único, na redacción dada ao artigo 7, parágrafo primeiro, onde di: «o 15 de outubro de 2016», debe dicir: «o 18 de outubro de 2016».