Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Xoves, 15 de setembro de 2016 Páx. 42488

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 2016 pola que se lle dá publicidade á encomenda de xestión para a execución de obra, formalizada no mes de agosto de 2016.

En cumprimento do disposto no artigo 8.5 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (Lofaxga), dáse publicidade á formalización da encomenda de xestión, tramitada pola entidade pública Portos de Galicia durante o mes de agosto de 2016, para a execución da seguinte obra:

A) Acondicionamento, adecuación e mellora do edificio de servizos no porto de Arcade.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Portos de Galicia.

b) Dependencia que impulsa o expediente: Área de Infraestruturas.

c) Dependencia que tramita o expediente: División de Contratación.

2. Obxecto da encomenda.

Descrición do obxecto: acondicionamento, adecuación e mellora do edificio de servizos no porto de Arcade.

3. Valor estimado da encomenda.

337.405,15 euros, IVE excluído.

4. Formalización da encomenda.

a) Data de formalización da orde de execución: 31 de agosto de 2016.

b) Entidade (medio propio da Xunta): Tragsa.

c) Nacionalidade: española.

5. Prazo de execución.

Seis (6) mes.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2016

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia