Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43240

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2016, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2016

Blanca García-Señoráns Álvarez
Directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral
do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 5/2016,
do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión que tivo lugar o día 26 de xullo de 2016, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias manifestadas en relación cos artigos 21.2, 22.5, 39.1, 44.1.h), 49.3, 50, 52, 88.1.f), 102.1, 115.1 e 117.1 e 2 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo. Designar un grupo de traballo para propoñer á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

Terceiro. Comunicar este acordo ao Tribunal Constitucional para os efectos previstos no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, así como inserilo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia.

Madrid, 26 de xullo de 2016

Cristóbal Montoro Romero Alfonso Rueda Valenzuela
Ministro de Facenda e Administracións Vicepresidente e conselleiro de Presidencia,
Públicas Administracións Públicas e Xustiza