Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43242

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xuño), impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios, subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2016

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Benéfica Nuestra Señora de Fátima

Sen achega económica

1.1.2016

Acordo de prórroga do convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Española contra o Cancro (Xunta Provincial de Ourense), para por á disposición desta asociación no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense e no Hospital Comarcal de Valdeorras (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) os recursos necesarios para o desenvolvemento do Programa primeiro impacto e para actividades de voluntariado

Sen achega económica

27.3.2016

Convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Salceda de Caselas para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde

Sen achega económica

29.3.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Abbvie Spain, S.L.U. para o desenvolvemento e a implementación do programa de intervención temprana nos procesos de incapacidade temporal de orixe musculoesquelético

Sen achega económica

30.4.2016

Acordo de colaboración entre a Consellería do Medio Rural e a Consellería de Sanidade para o uso compartido das dependencias do edificio da praza Ravella nº 13 de Vilagarcía de Arousa

3.203,75 €

4.5.2016

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica Galicia Sur

Sen achega económica

9.5.2016

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Unión de Consumidores de Galicia (Ucgal) e o Foro Interalimentario para o Fomento dunha Alimentación Saudable na poboación da Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

18.5.2016

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Otsuka Pharmaceutical, S.A. para a promoción de actividades de formación científica e educación e información ao paciente orientadas á mellora da atención de patoloxías crónicas

Sen achega económica

1.6.2016

Convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Narón para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello de Narón

Sen achega económica

6.6.2016

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Sociedade Española de Cardioloxía para a promoción da calidade asistencial nos procesos asistenciais para o tratamento e a prevención de enfermidades cardiovasculares

Sen achega económica

7.6.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello do Saviñao para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello

Sen achega económica

22.6.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Laracha para a execución das obras de ampliación e reforma do Centro de Saúde da Laracha

Sen achega económica

28.6.2016

Convenio de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e a Orden de Malta para a posta en marcha dun dispositivo de asistencia a peregrinos

Sen achega económica

29.6.2016

Convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello do Pereiro de Aguiar para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde no concello do Pereiro de Aguiar

Sen achega económica

1.7.2016

Convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ribeira para a execución das obras de ampliación das urxencias do Hospital da Barbanza

Sen achega económica

8.7.2016

Acordo de colaboración entre a entidade pública empresarial Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade a través do Laboratorio de Saúde Pública para o control da calidade das augas soterradas dentro do ámbito territorial da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa

Sen achega económica

11.7.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Instituto de Saúde Carlos III para o centro colaborador español Joanna Briggs

8.000 €

12.7.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Irmandades de Doadores de Sangue

58.200 €

12.7.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación María José Jove para a creación da Unidade de Hospitalización e Rehabilitación de Oncopediatría no Hospital Teresa Herrera-Materno Infantil da Coruña

Sen achega económica

14.7.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Pontevedra polo que se establecen as bases para a execución das obras da ampliación do Hospital de Montecelo, que pasará a denominarse Gran Montecelo

Sen achega económica

26.7.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A. coa finalidade do mantemento integral do equipamento de alta tecnoloxía e sistemas asociados

Sen achega económica

26.7.2016

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Gomesende, no cal se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do Centro de Saúde de Gomesende

15.120,31 €

27.7.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello do Bolo, no cal se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do Centro de Saúde do Bolo

16.048,84 €

2.8.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Rúa, no cal se establecen as bases para o desenvolvemento da obra de instalación dun ascensor exterior no Centro de Saúde da Rúa

30.224,71 €

2.8.2016

Convenio de cooperación entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Estrada para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde na Estrada

Sen achega económica

5.8.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Enfermos de Riñón (Alcer) para a cobertura do servizo de traslado de pacientes aos centros de hemodialise na provincia de Lugo

634,792,56 €
(bianual)

10.8.2016

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Paderne de Allariz para a execución das obras de construción dun novo centro de saúde en Paderne de Allariz

Sen achega económica

19.8.2016

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Medtronic, S.L. para o fomento da calidade asistencial e eficiencia e a súa efectiva aplicación na organización sanitaria do Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

26.8.2016