Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Martes, 20 de setembro de 2016 Páx. 43245

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2016 de convocatoria de axudas de acción social para o exercicio 2016.

A Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia na súa reunión de 22 de xullo de 2016 aprobou as bases reguladoras para a concesión das axudas ao seu persoal encadradas dentro dos fondos de acción social para o exercicio 2016: axudas para a atención a discapacitados. Estas bases están expostas no taboleiro de anuncios da institución e queda aberto o prazo de presentación de solicitudes a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG durante quince días hábiles.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2016

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia