Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43732

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2016.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2016, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2016

Borja Verea Fraiz
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2016

Convenio

Data de sinatura

Importe total (€)

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Real Academia Galega de Ciencias para a organización e desenvolvemento da segunda edición dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia no 2016.

19.5.2016

57.300 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador finalista nas convocatorias de axudas do ERC no marco do H2020.

30.5.2016

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Clúster da Acuicultura de Galicia para o desenvolvemento dun proxecto de cultivo de cherna.

9.6.2016

166.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Cultura, Ciencia e Tecnoloxía para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica no ano 2016.

6.6.2016

8.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Eduardo Pondal para o fomento de vocacións científicas e tecnolóxicas na Costa da Morte.

20.6.2016

18.000 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Universidade de Santiago de Compostela para fomentar a actividade investigadora do persoal investigador beneficiario das convocatorias de axudas do ERC no marco do H2020 sen vinculación estable.

6.6.2016

70.000 €

Addenda ao convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Real Academia Galega de Ciencias para a organización e desenvolvemento da segunda edición dos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia no 2016.

5.7.2016

65.469 €

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación, o Instituto Galego de Promoción Económica, Xesgalicia Sociedad Gestora de Entidades de Inversión de Tipo Cerrado, S.A.U., o Consorcio da Zona Franca de Vigo e Vigo Activo Sociedad de Capital Riesgo de Régimen Simplificado, S.A., para o desenvolvemento da cuarta edición do programa VíaGalicia.

20.7.2016

2.891.245 €

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i Biosanitario.

2.8.2016

25.000 €

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e o Instituto Español de Oceanografía (IEO) para o desenvolvemento de programas de I+D+i, nos centros oceanográficos radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.

2.8.2016

50.000 €

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Axencia Estatal Consello Superior de Investigacións Científicas para o desenvolvemento de programas de I+D+i.

11.8.2016

425.000 €

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Biomédica Galicia Sur para o desenvolvemento de programas de I+D+i Biosanitario.

11.8.2016

275.381 €

Contrato programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez para o desenvolvemento de programas de I+D+i Biosanitario.

11.8.2016

359.900 €