Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43734

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Estatística

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2016 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre de 2016.

De acordo co previsto no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), onde se establece que os organismos autónomos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior e, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Único. Facer pública a relación de convenios subscritos polo Instituto Galego de Estatística nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril de 2016, que se anexa a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2016

José Antonio Campo Andión
Director do Instituto Galego de Estatística

ANEXO

Convenio

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Universidade de Vigo e o Instituto Galego de Estatística para a realización de prácticas de alumnos/as da Facultade de Filoloxía e Tradución

17.2.2016

0 €