Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43929

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 7 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, de notificación do inicio do trámite de audiencia dun procedemento tramitado por esta xefatura (expediente 2015/129/27).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada, que se indica a continuación, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172.4 do Código civil, por ignorarse o lugar de notificación.

O expediente atópase á disposición da persoa interesada no Servizo de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, rolda da Muralla, 70, planta baixa, onde, no prazo de quince (15) días contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, poderá comparecer para coñecer o contido íntegro do mencionado acto, de luns a venres laborables, das 9.00 ás 14.00 horas, advertíndolle que, de non facelo, se terá por realizado o dito trámite.

Nº de expediente: 2015/129/27.

Interesado: Sene Mane.

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: comunicación do inicio do trámite de audiencia.

Lugo, 7 de setembro de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo