Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43925

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se anuncia a contratación suxeita a regulación harmonizada, polo procedemento aberto multicriterio, documentalmente simplificado e tramitación ordinaria, do servizo de limpeza de diversas instalacións (dous lotes) (expediente 50/2016).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Política Social.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xefatura Territorial de Lugo.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Xefatura Territorial de Lugo.

2º. Domicilio: rolda da Muralla, 70 baixo.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27071.

4º. Teléfono: 982 29 41 01, fax: 982 29 49 74.

5º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.contratosdegalicia.es

6º. Data límite de obtención de documentos e información: ata o final do prazo de presentación das proposicións.

d) Nº de expediente: 50/2016.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: contratación do servizo de limpeza de diversas instalacións dependentes da Xefatura Territorial de Lugo.

c) División por lotes e número de lotes: dous lotes.

Lote 1: centros de atención asistencial da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social.

Lote 2: outros centros da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social.

d) Lugar de execución:

Lote 1: Residencia de Maiores As Gándaras (Lugo).

Limpeza de cristais na Residencia de Maiores de Burela.

Residencia de Maiores de Monforte de Lemos.

Centro educativo Santo Anxo da Garda (Rábade).

Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (Sarria).

Lote 2: Centro sociocomunitario A Milagrosa (Lugo).

Centro sociocomunitario de Ribadeo.

Centro sociocomunitario de Mondoñedo.

Espazo Xove de Chantada.

Servizo de limpeza e lavandaría nas casas do mar de Burela e Celeiro.

e) Prazo de execución: dous (2) anos.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 90911200-8.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto multicriterio, suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: véxase o prego.

4. Orzamento de licitación:

Lote 1 - Importe neto: novecentos sesenta mil sesenta e seis euros con trece céntimos (960.066,13 €).

IVE (21 %): douscentos un mil seiscentos trece euros con oitenta e sete céntimos (201.613,87 €).

Importe total: un millón cento sesenta e un mil seiscentos oitenta euros (1.161.680,00 €).

Lote 2 - Importe neto: cento noventa e cinco mil douscentos seis euros con sesenta céntimos (195.206,60 €).

IVE (21 %): corenta mil novecentos noventa e tres euros con corenta céntimos (40.993,40 €).

Importe total: douscentos trinta e seis mil douscentos euros (236.200,00 €).

5. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e técnica ou profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas e de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 18 de outubro de 2016.

b) Modalidade de presentación: as ofertas pódense presentar en man ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia de Lugo.

2º. Domicilio: rolda da Muralla, 70 baixo.

3º. Localidade e código postal: Lugo 27071.

d) Admisión de variantes: non.

e) Prazo durante o que o adxudicatario estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses contados desde a data de apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas: terá lugar en acto público, na sala de xuntas da Xefatura Territorial de Lugo, na hora e na data que serán anunciadas con tres días hábiles de antelación no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/.

9. Gastos de publicidade: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

10. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 9 de setembro de 2016.

Lugo, 12 de setembro de 2016

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo