Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43945

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 18 de agosto de 2016 pola que se notifica a resolución de imposición dunha segunda multa coercitiva, derivada do expediente sancionador P-UL-71.01/03, devolta polo servizo de Correos por resultar os destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data do 14 de xullo de 2016, ditou resolución pola que se impón unha segunda multa coercitiva derivada do expediente sancionador P-UL-71.01/03 que foi incoado pola realización de obras executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, consistentes na construción de vivendas, na praia de Ouriceira, termo municipal de Poio (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Loreto Socorro Ferrero González e Francisco Martínez Alvariñas (IU2/39/2015-B1), Margarita Castro Teixeira e Celso Opazo Limia (IU2/43/2015-B1), Antonio Veiga Chaos e Miriam Coromoto Ramírez Jota (IU2/44/2015-B1), Antonio Cruz Barreiro e Florentina García Iglesias
(IU2/48/2015-B1), Purificación Ferro Varela (IU2/46/2015-B1), mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, os interesados poden interpoñer recurso de reposición ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ou ben, se non exercen o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, poden interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1 regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2016

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística
P.S. (artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José María Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística