Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43944

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 5 de agosto de 2016 polo que se fan públicos o acordo de incoación e o prego de cargos ditados no expediente sancionador en materia de verteduras de augas residuais de clave DH.D15.53425.

Con data do 26 de xullo de 2016 ditáronse acordo de incoación e prego de cargos no expediente sancionador de referencia seguido contra Recoge Galicia de Gestión, S.L. (termo municipal de Cerceda) pola comisión dunha infracción de carácter leve en materia de verteduras de augas residuais, tipificada no artigo 85.b) da Lei 9/2010, de augas de Galicia.

Intentada a notificación dos ditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, mediante este anuncio notifícanselle o acordo de incoación e o prego de cargos ao interesado, e fáiselle saber que unha copia deles se atopa á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito acordo, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2016

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia