Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Venres, 23 de setembro de 2016 Páx. 43874

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (139/2016).

Eu, Mariña Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 139/2016 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María Teresa Ramos Turnes contra a empresa Palabra Nupcial, S.L. (Isabelle Noivas), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Dispoño: despachar orde xeral de execución a favor da parte executante, María Teresa Ramos Turnes, fronte a Palabra Nupcial, S.L. (Isabelle Noivas), parte executada, por importe de 5.546,32 (4.009,52 máis 10 % de xuros por demora: 1.536,80) euros en concepto de principal e de 554,63 euros en concepto provisional de xuros de demora e custas calculadas segundo o criterio do 251.1 da LXS, sen prexuízo da súa posterior liquidación, máis 200 euros en concepto de honorarios de letrado.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e copia da demanda executiva, serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, quedando a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución, e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderá interpoñerse recurso de reposición, que se interpoñerá perante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no que ademais de alegar as posibles infraccións en que puidese incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos orzamentos e requisitos procesuais exixidos, poderá deducirse a oposición á execución despachada, aducindo pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que acaecesen con posterioridade á súa constitución do título, non sendo a compensación de débedas admisible como causa de oposición á execución.

Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 2 aberta en Banesto, conta nº 1596 clave 64 N debendo indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “30 Social-Reposición”. Se o ingreso faise mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 Social-Reposición”. Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Palabra Nupcial, S.L. (Isabelle Noivas), en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2016

A letrada da Administración de xustiza